El sector gallego del congelado se reúne en Eurofish Vigo con 26 empresas de Europa y América para abrir nuevos mercados

JAVIER GUERRA PRESENTA O ENCONTRO EUROFISH VIGO 2010 NO QUE PARTICIPAN EMPRESAS DE BRASIL, EEUU, ALEMAÑA, FRANCIA, POLONIA E TURQUÍA 

 El consejero de Economía e Industria gallego presenta el encuentro Eurofish Vigo 2010, en el que participan empresas de Brasil, Estados Unidos, Alemania, Francia, Polonia y Turquía. Eurofish Vigo se organiza para promover las relaciones bilaterales de 46 empresas gallegas con 26 compañías de áreas de alto interés para la industria gallega.

  • O  conselleiro de Economía e Industria lembrou que a Consellería de Economía e Industria ten incrementado nun 38% a achega do Goberno galego ao Foexga 2010, para financiar iniciativas como EUROFISH Vigo 2010
  • O encontro está organizado para promover e facilitar as relacións bilaterais entre un total de 46 empresas galegas, con 26 compañías procedentes de áreas xeográficas de alto interese para a industria galega
  • Dentro do programa financeiro do Igape destináronse, no que vai de ano, axudas por valor de 4,2 millóns de euros ás empresas do sector
  • A Dirección Xeral de I+D+i concedeu, en 2009, máis de 7 millóns de apoio á investigación e innovación neste eido

 

Santiago, 5 de outubro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou o sexto Encontro Internacional da Pesca EUROFISH Vigo 2010, que se celebra na XII Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, no marco do Plan de Fomento das Exportacións Galegas 2010, financiado pola Xunta de Galicia.

 Guerra lembrou que a Consellería de Economía e Industria ten incrementado no 2010 nun 38% a achega do Goberno galego ao Foexga para financiar iniciativas como EUROFISH Vigo 2010.

 Este encontro está organizado para promover e facilitar as relacións bilaterais entre un total de 46 empresas galegas, con 26 compañías procedentes de áreas xeográficas de alto interese para a nosa industria.

 En concreto, participan empresas europeas procedentes de Alemaña, Francia, Polonia e tamén Turquía, ademais de incluír a países como Brasil e EEUU, debido ao seu peso comercial .

 Por outra banda, o conselleiro de Economía e Industria lembrou que “a industria do conxelado dos produtos de mar ten una importancia estratéxica na economía galega” e sinalou que  dentro do noso programa financeiro do Igape destináronse, no que vai de ano, axudas por valor de 4,2 millóns de euros ás empresas do sector.

 O apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica permitiu posibilitar investimentos de case 2 millóns de euros e mobilizar préstamos por un importe de 4,8 millóns de euros. Ademais, o número de solicitudes aprobadas neste sector creceu nun 95% con respecto ao mesmo período de 2009.

 Asemade, o conselleiro destacou que desde a Dirección Xeral de I+D+i concedéronse, en 2009, máis de 7 millóns de euros de apoio á investigación e á innovación nas empresas, centros tecnolóxicos e plataformas tecnolóxicas relacionadas co sector do conxelado e a conserva de Galicia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s