El Ejecutivo gallego pide en Conxemar un frente común europeo contra la competencia desleal de terceros países

A conselleira do Mar inaugurou o II Congreso Internacional Conxemar  2010

 La consejera del Mar inauguró el segundo Congreso Internacional Conxemar 2010

ROSA QUINTANA APELA Á UNIÓN E Á COORDINACIÓN DOS ESTADOS EUROPEOS PARA ATALLAR A “COMPETENCIA DESLEAL” DOS TERCEIROS PAÍSES

Rosa Quintana apela a la unión y coordinación de los estados europeos para enfrentarse a la “competencia desleal” de terceros países. Puso como ejemplos la diferente regulación ambiental, exigencias desiguales higiénico-sanitarias y requerimientos laborales que existen actualmente y que perjudican a los miembros de la UE. 

 

Vigo,  5 de outubro de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, apelou  á unión e coordinación dos países membros da Unión Europea para atallar “a competencia desleal” de terceiros países. “Temos os mesmos desafíos e ameazas” manifestou, en referencia ao acordo que a UE asinou con países do sueste asiático e Oceanía para eliminar os aranceis para o atún e os seus produtos derivados.

 Na inauguración do II Congreso Internacional Conxemar 2010, a conselleira puxo exemplos como a diferente regulación ambiental das pesquerías, a desigual esixencia hixiénico-sanitaria e os inferiores requerimentos sociolaborais e demandou que esas condicións sexan iguais que nas empresas europeas. Cabe lembrar que esta posición da administración galega e do sector conserveiro e transformador foi trasladada fai xa un ano a Bruxelas nunha reunión mantida con responsables do gabinete do anterior Comisario de Fiscalidade e Unión Aduaneira, Lászlo Kovacs.

 “O sector transformador galego está preparado para competir no mundo” afirmou e amosouse confiada no futuro deste colectivo “especialmente o do conxelado, que xa ten demostrado en contextos adversos que pode manter o seu nivel de puxanza e que é capaz de imprimir dinamismo ao sector”.  

 Na súa intervención, a titular de Mar reiterou que a fórmula de viabilidade do sector radica na importancia de “saber vender”. Quintana agradeceu que a comercialización sexa un dos temas centrais deste congreso, como ocorre no seu departamento, “para o que desenvolvemos –ente outras iniciativas postas en marcha- o Encontro Profesional Pesqueiro”, dedicado integramente aos retos da comercialización.

 “Sei que deste congreso sairán grandes ideas, propostas e conclusións para o proveito de toda a cadea mar-industria galega”, apuntou e definiuse coma “unha aliada” de Conxemar, “por apostar polo sector e por dar continuidade á loita a favor do seu futuro”.  

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s