Los ecologistas se manifiestan en el Umia para exigir la demolición del embalse

El sábado 2 de octubre decenas de personas se concentraron en el muro del embalse del Umia, en un acto convocado por la asociación ecologista Adega, que lo calificó como “un desagravio en defensa del río y de la vecindad”.

Recordaron la “preocupante situación” por la que atraviesa el abastecimiento de agua de Caldas debido a la proliferación del alga Microcystis en el vaso del embalse. “El presente es consecuencia del despropósito que supuso esta obra, todo un río sacrificado a los intereses privados por la prepotencia y soberbia de unos políticos que hoy, paradójicamente, vuelven a tener la responsabilidad de garantizar la salud ambiental y ciudadana”. Los portavoces de Adega los acusaron de que “como en el pasado, siguen mintiendo y prometiendo costosas -e ineficaces- soluciones ‘técnicas’ para tapar su  vergonzosa gestión”. En la manifestación se exigió “respeto por las leyes y dignidad para el Umia”, con el lema: “¡Embalse, demolición!”.

A continuación se reproduce el mensaje que Adega lanzó durante la manifestación en el Umia, los puntos principales de su manifiesto y un enlace al texto completo.

Este sábado 2 de outubro, ducias de persoas concentráronse no muro do encoro do Umia, en Caldas, nun acto de desagravio en defensa do río e da veciñanza. A preocupante situación pola que atravesa o abastecemento de auga de Caldas debido á proliferación da alga Microcystis no vaso do encoro, é consecuencia do despropósito que supuxo esta obra. Todo un río sacrificado aos intereses privados pola prepotencia e soberbia duns políticos que hoxe, paradoxalmente, voltan a ter a responsabilidade de garantir a saúde ambiental e cidadá. No entanto, e coma daquela, seguen mentindo e prometendo custosas -e ineficaces- solucións “técnicas” para tapar a súa vergoñenta xestión. Esiximos respecto polas leis e dignidade para o Umia: ENCORO, DEMOLICIÓN!

MANIFESTO POLO UMIA

Convocámonos hoxe aquí, neste acto reivindicativo,

para, antes de nada, chamar a atención das autoridades da Xunta de Galicia e das nosas autoridades municipais sobre a gravidade, -para a vida do río e para a saúde da xente-, desta contaminación por cianobacterias que, verán tras verán, prolifera de forma cada ano máis explosiva nas augas desta presa e que, dende aquí, está a ir, pouco a pouco, colonizando todo o río augas abaixo do encoro;

 Convocámonos hoxe aquí

para chamar a atención da xente de Caldas (e de toda a que, augas abaixo, se abastece do río Umia) sobre os graves perigos para a saúde desta contaminación do río por cianobacterias e sobre a urxencia de esixir da Xunta de Galicia unha solución definitiva a estes problemas do río e da auga.

 Convocámonos hoxe aquí,

porque é urxente chamar a atención de toda a poboación que se abastece do río Umia augas abaixo desta presa de que estamos ante un reiterado episodio de contaminación por cianobacterias que a Organización Mundial da Saúde considera altamente preocupante para a saúde humana e para a vida do río.

Os veciños e veciñas de Caldas, deben saber que estamos ante unha toxina, de graves efectos para a saúde humana, aínda recén descubertos, e da que é moito o que falta por estudar. Aínda así os informes da Organización Mundial da Saúde (OMS), incorporados á última edición da súa Guía de calidade da Auga Potable (non o dicen, pois, uns ecoloxistas radicais con ganas de meterse co encoro), teñen demostrado que a microcistina, -xa a doses extremadamente pequenas-, provoca importantes danos no fígado e sistema hepático en xeral; importantes problemas intestinais e aparato dixestivo e graves efectos neurotóxicos sobre o sistema nervioso central.

Advirte así mesmo a OMS de que hai probas sobre o papel da microcistina como indutora ou desencadeante de procesos tumorales e de que, ademais, poden presentarse efectos acumulativos no organismo o que implica que non haxa para estas microcistinas unha dose mínima de seguridade.

Amigas e amigos,

ante este problema de contaminación que se repite ano tras ano;

-ante o grave risco que esta contaminación representa para a nosa saúde e para a saúde do río;

-e, así mesmo, ante a perda de calquera oportunidade recreativa e de ocio no río e nas súas beiras;

– e, por suposto, ante o encarecemento innecesario da factura da auga debido aos incrementos de custos na depuración, nas análises e no transporte de auga potable, é necesario concienciar á poboación de Caldas e a toda a que se abastece do Umia augas abaixo desta presa de que

 NADA HAI, AO RESPECTO, MÁIS URXENTE QUE ESIXIR DA XUNTA DE GALICIA UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA AOS PROBLEMAS DO RÍO E DA AUGA POTABLE.

A SOLUCIÓN? …A DO SENTIDO COMÚN….

 – Se esta proliferación explosiva de cianobacterias ten a súa orixe e o seu hábitat idóneo na auga encorada desta presa de Baxe;

 – se na auga que circula libremente non hai lugar a ningunha floración deste tipo, quen non teña o seu sentido común atrofiado polas corruptelas e fraudes que conduciron a construcción deste encoro non pode menos que propoñer a DEMOLICIÓN dunha presa que non só non ten servido nin nunca vai poder servir para ningún dos usos que se nos dicía con motivo da declaración de utilidade pública; que non só non aporta ningún dos beneficios con que se xustificou a declaración de impacto ambiental senón que ademais está a envelenar o río, a poñer en grave risco a saúde da xente e a impedir calque uso recreativo do río e das súas beiras.

(El manifiesto completo puede leerse en el siguiente ENLACE: http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/364-concentracion-en-defensa-do-umia-auga-para-a-vida-e-non-para-o-negocio)

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s