La Xunta agradece a la Orden de Malta la atención a los peregrinos en el Xacobeo

A CONSELLEIRA DE SANIDADE DESTACA A COLABORACIÓN DA FUNDACIÓN HOSPITALARIA DA ORDEN DE MALTA COA XUNTA NA ATENCIÓN AOS PEREGRINOS ESTE ANO XACOBEO

La consejera de Sanidad destaca la colaboración de la Fundación Hospitalaria de la Orden de Malta con la Xunta en la atención a los peregrinos en este año Xacobeo

  •  Participou no acto de presentación de ‘As Encomendas Galegas da Orde de San Xoán de Xerusalén. Estudo e edición documental. A Encomenda de Quiroga’, de Isidoro García Tato e Eleutino Álvarez Álvarez

Santiago, 2 de outubro de 2010.- A Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, destacou hoxe a cooperación ofrecida pola Fundación Hospitalaria da Orde de Malta, moi especialmente neste Ano Xacobeo 2010.

 A titular da carteira sanitaria do Executivo autonómico participou esta tarde no acto de presentación de As Encomendas Galegas da Orde de San Xoán de Xerusalén. Estudo e edición documental. A Encomenda de Quiroga, que se celebrou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, en Santiago.

Foto: elmundo.es 

Os autores desta obra son Isidoro García Tato e Eleutino Álvarez Álvarez, aos que felicitou polo seu labor, do que asegurou que contribuirá ao mellor coñecemento da Orde pola sociedade.

 Na súa intervención, Farjas Abadía deu a benvida ao Gran Mestre e a todos os membros da Orde Militar cabaleiresca e relixiosa de San Xoán de Xerusalén de Rodas e de Malta que o acompañaron na súa peregrinación a Compostela con motivo do Ano Santo.

 Neste sentido, subliñou a histórica vinculación da orde dos sanxoanistas con Galicia e co Camiño de Santiago, así como a súa vocación de axuda humanitaria e de coidado aos enfermos e peregrinos. É neste ámbito, dixo, no que a Consellería de Sanidade colabora coa Fundación Hospitalaria da Orde de Malta en España.

 “Con motivo do Ano Santo Xacobeo e do grande número de peregrinos que se achegan a Santiago, os voluntarios desta Orden prestan auxilio a aqueles que o necesitan –sinalou a conselleira-. Desta forma, complementan o labor dos nosos profesionais do Servizo Galego de Saúde e dos dispositivos que puxemos en marcha con motivo da celebración do Ano Santo”.

 Pilar Farjas rematou a súa intervención celebrando o éxito do terceiro seminario internacional da Orde, que se celebrou en Santiago de Compostela durante estes días e no que se  reflexionou sobre a súa realidade histórica e a súa proxección social.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s