La asociación ecologista Adega ha convocado para mañana sábado 2 de octubre una manifestación contra el embalse de Caldas en el río Umia, en la que exigirán su demolición
COMUNICADO DE ADEGA
2 de outubro, sábado: CONCENTRACIÓN CONTRA O ENCORO DE CALDAS
Ante a preocupante situación de contaminación quer está a sufrir o río Umia, situación que se repite todos os veráns, urxe buscar unha solución definitiva para o río, a auga e o conxunto do ecosistema fluvial. É o momento de que a administración traballe por fin para, como manda a lei de Augas e a Directiva Marco da Auga, darlle prioridade ao abastecemento e á recuperación do ecosistema fluvial por riba do negocio hidroeléctrico.

Coa finalidade de expresar publicamente esta esixencia ante Augas de Galiza e de facer unha chamada de atención á cidadanía en xeral sobre os perigos desta contaminación para a saúde do río e da xente, dende ADEGA e a Coordenadora Anti-encoro de Caldas convocamos para o próximo sábado 2 de setembro, ás 12 da mañán no muro do encoro de Caldas, un ACTO REIVINDICATIVO, ao que están especialmente convocados veciños, ecoloxistas e público en xeral,e durante o que se despregará unha pancarta esixindo
AUGA PARA A VIDA E AUGA PARA BEBER, ANTES QUE PARA O NEGOCIO
Despregarase tamén outra faixa reclamando que se actúe con sentido común e que, polo tanto, non se vacile en acordar a DEMOLICIÓN dun encoro que non está servindo nin vai poder servir para nada do que dicía a declaración de utilidade pública de 1996.
O acto acabará coa lectura dun MANIFESTO recollendo os argumentos en defensa da saúde do río e da auga que se lle entregarán ao Presidente de Augas de Galiza na entrevista que temos xa comprometida para o próximo xoves, día 7, na sé deste organismo.
Directiva nacional de ADEGA

Hi, for some reason when I place your feed into google reader, it won?t work. Can you give me the RSS link just to be sure I?m using the most appropriate one?
Me gustaMe gusta