Los ecologistas de Adega convocan una manifestación exigiendo que se derribe el embalse de Caldas

  La asociación ecologista Adega ha convocado para mañana sábado 2 de octubre una manifestación contra el embalse de Caldas en el río Umia, en la que exigirán su demolición

COMUNICADO DE ADEGA

2 de outubro, sábado: CONCENTRACIÓN CONTRA O ENCORO DE CALDAS
Ante a preocupante situación de contaminación quer está a sufrir o río Umia, situación que se repite todos os veráns, urxe buscar unha solución definitiva para o río, a auga e o conxunto do ecosistema fluvial. É o momento de que a administración traballe por fin para, como manda a lei de Augas e a Directiva Marco da Auga, darlle prioridade ao abastecemento e á recuperación do ecosistema fluvial por riba do negocio hidroeléctrico.
 
Coa finalidade de expresar publicamente esta esixencia ante Augas de Galiza e de facer unha chamada de atención á cidadanía en xeral sobre os perigos desta contaminación para a saúde do río e da xente, dende ADEGA e a Coordenadora Anti-encoro de Caldas convocamos para o próximo sábado 2 de setembro, ás 12 da mañán no muro do encoro de Caldas, un ACTO REIVINDICATIVO, ao que están especialmente convocados veciños, ecoloxistas e público en xeral,e  durante o que se despregará unha pancarta esixindo

AUGA PARA A VIDA E AUGA PARA BEBER, ANTES QUE PARA O NEGOCIO

Despregarase tamén outra faixa reclamando que se actúe con sentido común e que, polo tanto, non se vacile en acordar a DEMOLICIÓN dun encoro que non está servindo nin vai poder servir para nada do que dicía a declaración de utilidade pública de 1996.

O acto acabará coa lectura dun MANIFESTO recollendo os argumentos en defensa da saúde do río e da auga que se lle entregarán ao Presidente de Augas de Galiza na entrevista que temos xa comprometida para o próximo xoves, día 7, na sé deste organismo.

Directiva nacional de ADEGA

 

 

 

Un comentario sobre “Los ecologistas de Adega convocan una manifestación exigiendo que se derribe el embalse de Caldas

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s