La Xunta recurrirá ante los tribunales el decreto del carbón

JAVIER GUERRA AFIRMA QUE “A XUNTA ESTUDA XA A DEFENSA DOS INTERESES GALEGOS NA VÍA XUDICIAL” CONTRA OS EFECTOS DO REAL DECRETO DO CARBÓN

 El consejero de Economía de la Xunta afirma que la Xunta estudia la defensa de los intereses gallegos a través de la vía judicial “contra los efectos del real decreto del carbón”

  • O conselleiro de Economía e Industria esixe ao Ministerio de Industria que reciba a Xunta de Galicia, “que nos escoite e que traballe na procura dunha solución equilibrada”
  • Javier Guerra apuntou que o seu departamento e o Goberno da Xunta seguen dispostos “a atopar a solución máis axeitada xunto co Ministerio de Industria, sempre tendo como principio fundamental o feito de que este real decreto, en ningún momento, poida ter o máis mínimo impacto sobre o emprego directo e indirecto asociado ás centrais térmicas de As Pontes e Cerceda”
  • “O Goberno central non tivo en conta en ningún momento os negativos efectos da entrada en vigor deste real decreto en Galicia, e moito menos os trasladou á Comisión Europea, que unicamente coñeceu de primeira man os prexuízos ocasionados a Galicia grazas aos escritos que se remitiron dende a propia Consellería”
  • A Consellería traballará de xeito conxunto cos alcaldes de Cerceda e As Pontes e as centrais sindicais

 

Santiago, 1 de octubre de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria amosou  o seu rexeitamento “completo e contundente” pola autorización por parte da Comisión Europea do real decreto que prima a queima de carbón nacional para a producción de enerxía a instancia do Goberno central e anunciou que “a Xunta estuda xa a defensa dos intereses galegos na correspondente vía xudicial”.

 Javier Guerra, que compareceu ante os medios acompañado polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, apuntou ao mesmo tempo que o seu departamento e o Goberno da Xunta seguen dispostos, “como xa manifestamos en reiteradas ocasións, a atopar a solución máis axeitada xunto co Ministerio de Industria, sempre tendo como principio fundamental o feito de que este real decreto, en ningún momento, poida ter o máis mínimo impacto sobre o emprego directo e indirecto asociado ás centrais térmicas de As Pontes e Cerceda”.

 Deste xeito, o conselleiro de Economía e Industria asegurou que ven de “esixir, hoxe mesmo e a través dunha carta, ao Ministerio de Industria que reciba a Xunta de Galicia, que nos escoite e que traballe na procura dunha solución equilibrada”.

Javier Guerra reiterou na súa comparecencia que o Goberno central “non tivo en conta en ningún momento os negativos efectos da entrada en vigor deste real decreto en Galicia, que suporá a paralización das nosas centrais térmicas, a redución da actividade dos ciclos combinados e un notable impacto nos portos da Coruña e Ferrol, e moito menos os trasladou á Comisión Europea, que unicamente coñeceu de primeira man os prexuízos ocasionados a Galicia grazas aos escritos que se remitiron dende a propia Consellería”.

 Javier Guerra rebateu a xustificación da autorización do real decreto, baseada no feito de garantir o subministro eléctrico empregando o carbón nacional, única enerxía primaria autóctona e polo tanto reservas estratéxicas, alegando que España exportou en 2009 case o 6% da enerxía eléctrico que produxo, “polo que non parece que haxa moitos problemas de subministro”.

 O conselleiro de Economía e Industria, que insistiu en que Galicia non está en contra do desenvolvemento da industria do carbón autóctono, apuntou que non se pode tolerar nin xustificar que a Comisión Europea autorice unhas axudas a todas luces incompatibles co mercado interior, traspasando os problemas sociais e económicos dunhas comunidades a outras, “polo que a Xunta sempre defenderá os intereses de Galicia e dos galegos e, sobre todo, das comarcas mineiras”.

“El decreto penaliza a Galicia” 

Javier Guerra denunciou ademais que a decisión da Comisión Europea a instancias do Goberno central penaliza a Galicia despois “de ter pechado as nosas minas, e de ter levado adiante investimentos para adaptar e modernizar as nosas térmicas e crear os ciclos combinados de Sabón e As Pontes, e todo para reforzar o sistema eléctrico español e cumplir co protocolo de Kyoto reducindo as  emisións contaminantes á atmósfera”, e esixiu que se harmonicen os intereses dos distintos territorios.

 A Consellería de Economía e Industria, segundo explicou o conselleiro, traballará de xeito conxunto cos alcaldes de Cerceda e As Pontes e as centrais sindicais, cos que xa mantivo unha primeira reunión, para estruturar unha fronte común co obxectivo de corrixir os negativos efectos da autorización do real decreto.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s