La Xunta pone en marcha el plan gallego de las personas mayores

O presidente do Goberno galego afirma que, a pesar da crise económica, o balance destes dous anos acredita que as políticas de maiores son “políticas prioritarias” para o Executivo autonómico

El presidente del Gobierno gallego afirma que pese a la crisis económica las políticas de mayores son «prioritarias» para el Ejecutivo autonómico

A XUNTA PON EN MARCHA O PLAN GALEGO DAS PERSOAS MAIORES, UN PLAN “CONSENSUADO” E CON 69 MEDIDAS ENCAMIÑADAS A MELLORAR A CALIDADE DE VIDA E A MANTER A AUTONOMÍA PERSOAL DOS MAIORES 

 La Xunta pone en marcha el Plan Gallego de las Personas Mayores, «consensuado» y que incluye 69 medidas dirigidas a mejorar la calidad de vida y mantener la autonomía personal de la tercera edad de la región.

  • O documento inclúe a creación dun banco de voluntariado das persoas maiores e a posta en marcha dun Programa de Mentorazgo, no que os novos emprendedores poderán aproveitar a experiencia dos maiores á hora de poñer en marcha as súas iniciativas –El documento incluye la creación de un Banco de Voluntariado y un Programa de Mentores, de forma que los nuevos emprendedores puedan aprovechar la experiencia de sus mayores a la hora de poner en marcha sus iniciativas

  • A promoción do acceso a pensións contributivas ás mulleres maiores que realicen ou realizaran actividades de marisqueo; a ampliación do servizo de teleasistencia domiciliaria  e a promoción do acceso das persoas maiores ás novas tecnoloxías; son outras das novidades -Algunas otras novedades son la promoción del acceso a las pensiones contributivas en el caso de las mujeres mayores, que realicen o hayan realizado actividades de marisqueo. También la ampliación del servicio de teleasistencia domiciliaria y la promoción del acceso de la tercera edad a las nuevas tecnologías.
  •  O plan reactiva o Consello Galego de Persoas Maiores, órgano consultivo do Goberno de maior interese para sinalar as políticas de maiores para os próximos anos – El plan reactiva el Consejo Gallego de Personas Mayores, órgano consultivo del gobierno de gran interés para fijar las políticas de mayores de cara a los próximos años

 

FOTO: elcorreogallego.es

Santiago, 1 de outubro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mediodía, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do Plan Galego das Persoas Maiores; un plan, segundo explicou, “consensuado” e con 69 medidas encamiñadas a manter a autonomía persoal dos maiores e a mellorar a súa calidade de vida.

 Dentro desas 69 iniciativas, o titular do Goberno galego destacou a creación dun banco de voluntariado das persoas maiores: “As persoas maiores –dixo- queren participar en  moitas actividades económicas e sociais e queren facelo voluntariamente; polo tanto, temos que ter presente que temos un potencial sen dúbida económico e laboral desaproveitado”.

 Así mesmo, avanzou que se porá en marcha un Programa de Mentorazgo, “no que os novos emprendedores poderán aproveitar a experiencia dos maiores á hora de poñer en marcha as súas iniciativas”; e a promoción do acceso a pensións contributivas ás mulleres maiores que realicen ou realizaran actividades de marisqueo. 

 A ampliación do servizo de teleasistencia domiciliaria, o mantemento do servizo “Xantar na Casa”, a promoción do acceso das persoas maiores ás novas tecnoloxías, e o establecemento e difusión dun servizo de atención telefónica para a información dos dereitos dos servizos públicos e de todo aquilo que poda afectar aos maiores, son outras iniciativas que contempla este plan.

 Segundo Feijóo, estas 69 medidas pretenden, en definitiva, “difundir a vellez como unha etapa da vida na que se poden facer importantes achegas ao proceso de desenvolvemento socio-económico de Galicia; difundir os dereitos das persoas maiores; buscar as políticas que fagan fincapé na prevención das situacións de risco e promover os principios de igualdade de xénero entre as persoas maiores”.

 “Os estudios coinciden en que máis do 85% das persoas maiores queren seguir vivindo no seu entorno así que os obxectivos fundamentais deste plan son: manter a autonomía persoal dos maiores, seguir vivindo se é posible nos seus domicilios e manter e mellorar a calidade de vida desta idade”, incidiu.

 O presidente da Xunta destacou que este plan é produto do diálogo “fluído e frutífero” coas asociacións que representan aos maiores. “Todas estas iniciativas están pactadas cos maiores e, por suposto, -engadiu- tamén pactamos seguir falando no Consello Galego de Persoas Maiores, órgano consultivo do Goberno de maior interese para sinalar as políticas de maiores para os próximos anos”.

 Por último, Feijóo afirmou que, a pesar da crise económica, o balance destes dous anos acredita que as políticas de maiores son políticas prioritarias para o Goberno galego.

Deste xeito, lembrou que “o número de prazas en centros de atención a persoas maiores xestionados polo Consorcio incrementouse un 94% -de 942 a 1.859 prazas-, 900 prazas máis; o número de prazas en residencias de maiores se incrementou un 25,45% -de 4.300 a 5.400-; en centros de Alzheimer o incremento foi do 89,75% -de 234 a 444-; o incremento de prazas nos centros que atenden a discapacidade foi do 12%, pasando de 4.300 a 4.800, é dicir, 500 prazas máis; e o número de persoas que cobran a Lei de Dependencia incrementouse nun 137% -de 14.000 persoas a máis de 37.000 persoas”.

¿Y tú qué opinas de esto?