Comienza la mayor feria científica de la historia de Galicia

A MAIOR FEIRA CIENTÍFICA DA HISTORIA DE GALICIA COMEZA EN SANTIAGO CO APOIO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

La mayor feria científica de la historia de Galicia, ‘Ciencia en acción’, comienza en Santiago con el apoyo de la Xunta. La previsión de asistencia al evento se calcula en más de 15.000 personas.

  •  ‘Ciencia en Acción’ celébrase por primeira vez nun centro de ensino coa entrada gratuíta grazas ao patrocinio da Tecnópole
  • Os autores dos 112 proxectos científicos que compiten polo premio final asistiron ao acto de inauguración, que contou coa presenza do director xeral de I+D+I
  • A previsión de asistencia ao evento, que durará toda a fin de semana, supera as 15.000 persoas

 Santiago, 1 de outubro de 2010.- A maior feira científica que se ten celebrado ata o de agora en Galicia deu comezo esta tarde co acto de inauguración, no que o director xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, lles deu a benvida aos responsables dos 112 proxectos que competirán durante toda a fin de semana polo premio final.

 ‘Ciencia en Acción’ chega á súa XI edición en Santiago de Compostela, a cidade que, en dura competencia con Barcelona e Valencia, se fixo coa condición de anfitriona do que é o maior certame de divulgación científica de fala hispana e portuguesa.

A previsión de asistencia ao evento, que durará ata o domingo día 3, supera as 15.000 persoas. Grazas ao patrocinio do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) a entrada será gratuíta, a diferencia doutras edicións anteriores do certame. O IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela será o primeiro centro de ensino que lle dará acollida.

Capilla felicitou aos participantes polo esforzo realizado, sobre todo tendo en conta que tiveron que competir máis que nunca para gañar a súa praza. “Douvos as grazas por axudarnos a seguir batendo récords porque, ademais de que estamos acollendo máis turismo que en ningún Ano Santo, nesta edición de Ciencia en Acción recibíronse case o dobre de proxectos do habitual en anos anteriores”, dixo, en referencia ás 380 propostas recibidas en total pola organización, o maior número na historia do certame.

Os proxectos, xa expostos en stands por todo o instituto galego, proceden de toda España, Portugal, Arxentina, Uruguay, Colombia e México e teñen como elemento central unha idea innovadora que presenta a ciencia e a tecnoloxía de xeito atractivo para a cidadanía e mostra a súa importancia para o progreso da sociedade e o benestar.

O director xeral de I+D+I remitiuse na súa intervención á economía do coñecemento entendida como posta en valor das ideas para gañar en competitividade “porque é un termo que resume moi ben o compromiso que a Xunta de Galicia e, en particular, a Consellería de Economía e Industria, está asumindo de maneira prioritaria e que ten o seu futuro máis prometedor en xente coma vós, cheos de ideas e de iniciativa”, asegurou dirixíndose aos participantes. Así, animounos a seguir por este camiño en calidade de “canteira de talentos innovadores, un capital que podedes crer que hoxe por hoxe nos fai falta máis que nunca en todo o mundo”.

Ademais, lembrou a próxima celebración da maior feira científica galega, a ‘Galiciencia’, no Parque Tecnolóxico de Galicia a finais de novembro, un certame financiado por Economía e Industria como parte do seu compromiso coa divulgación da I+D+I.

Esforzo conxunto

‘Ciencia en Acción’ é un programa organizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnológica de Portugal (Ciência Viva), a Real Sociedad Española de Física (RSEF), a Sociedad Geológica de España (SGE) e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), co apoio da UNESCO, entre outros organismos.

No acto de inauguración participaron representantes destas entidades xunto co director xeral de xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación, José Manuel Fernández de Labastida.

O concurso contempla 16 modalidades e un premio de 1.500 euros para o gañador en cada unha delas. Ademais, os equipos españois participantes competirán para representar ao país na final europea, que se celebra en Copenhague na primavera de 2011. Ademais da exposición e concurso de proxectos, haberá representacións teatrais e unha gran experiencia ao aire libre que terá lugar o domingo na Alameda de Santiago.

No certame celebrarase tamén o concurso internacional ‘Adopta unha estrela’, no que poderán participar grupos de alumnos non universitarios coordinados por un profesor. O obxectivo é espertar e fomentar o interese dos máis novos polo mundo da Astronomía.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s