28 empresas gallegas viajan a México con la Xunta para abrir mercados

A DIRECTORA XERAL DE COMERCIO FAI UN BALANCE “MOI POSITIVO” DA MISIÓN COMERCIAL A MÉXICO

 La directora general de Comercio de la Xunta ha hecho un balance “muy positivo” de la misión comercial que ha viajado a México desde Galicia y en la que participaron 28 empresas gallegas con el fin de abrir mercados en aquel país latinoamericano

  • Nava Castro acompaña a misión comercial galega que viaxou a México dende o 26 de setembro ao 1 de outubro, ao abeiro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas 2010, financiado pola Xunta
  •  Nesta misión comercial participaron 28 empresas galegas coa finalidade de abrir o seu mercado cara a este país

 

México, 1 de outubro  de 2010.- A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, acompañou ás empresas galegas do sector téxtil, construción e alimentación que participaron na misión comercial a México, celebrada ao abeiro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas, financiado pola Xunta de Galicia, en colaboración coas cámaras de comercio.

 Nava Castro fixo un balance “moi positivo” da visita que conclúe hoxe, e que tiña como finalidade a prospeción e o afianzamento de lazos comerciais co país mexicano. Nesta misión, realizada en colaboración coa Cámara de Comercio de A Coruña, participaron un total de 28 empresas galegas.

 Ao longo da Misión Comercial, Nava Castro tivo un encontro coa prensa no “show room” de empresas galegas de moda, en prendas de vestir e complementos en Moda España México; visitou o Centro Galego e o Hospital Español, beneficiario da recadación do desfile que se elebrou o pasado xoves; e mantivo ademais diversos encontros con empresas galegas e mexicanas, incluída a Unión Mexicana de Empresarios Galegos.

 A directora xeral de Comercio mostrouse “moi satisfeita” do desenvolvemento desta misión comercial e lembrou que “implantar estratexias de internacionalización xa non é unha opción, nin unha alternativa,  se non unha necesidade imprescindible, para sentar as bases dun crecemento constante e prolongado no tempo nas empresas galegas”.

 A directora xeral de Comercio insistiu no feito de que “investir no impulso de políticas de internacionalización é unha aposta estratéxica de presente e de futuro a favor da competitividade das empresas galegas e dunha economía solvente”. 

 Neste sentido, lembrou que desde a Consellería de Economía e Industria reforzáronse todas as iniciativas orientadas a activar a internacionalización da economía galega. Reactivouse o Plan de Fomento das Exportacións Galegas, cun incremento de máis do 35% con respecto ao pasado ano e de case un 60%, en comparación co investido polo executivo anterior, en 2008 .

 O Plan de Fomento das Exportacións Galegas, en colaboración coas cámaras de comercio, para o ano 2010 supón un investimento total de 4.769.420 euros. Asemade, desde o Executivo galego, fíxose un esforzo orzamentario incrementado nun 56,52% os recursos do Igape destinados a apoiar a internacionalización das empresas galegas, un aumento co que tamén se pretende suplir o descenso do 18% dos investimentos estatais nesta materia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s