El Ejecutivo gallego vuelve a licitar la autovía de la Costa da Morte

O voceiro de Infraestruturas do PPdeG sentenza que non teñen dereito a poñer en dúbida a xestión da Xunta os que durante a pasada lexislatura adxudicaron a obra da autovía a unha empresa que se declarou insolvente e apostaron por prevaricar inflando os gastos pola porta de atrás 

 El portavoz de Infraestructuras del PPdb declara que no hay derecho a que pongan en duda la gestión de la Xunta aquellos mismos (PSOE) que durante la pasada pasada legislatura adjudicaron la obra de la autovía a una empresa que se declaró insolvente y apostaron por prevaricar inflando los gastos por la puerta de atrás

 

La Xunta vuelve a licitar la autovía de la Costa da Morte antes de que acabe el año con un nuevo modelo concesional

Gómez Alonso lamenta que os socialistas critiquen á Xunta por traballar por algo co que non están de acordo: que a Costa da Morte teña autovía para esta lexislatura

 Gómez Alonso lamenta que los socialistas critiquen a la Xunta por trabajar por algo con lo que no están de acuerdo: que la Costa da Morte tenga autovía para esta legislatura

  • O popular di que o Goberno galego, coa licitación mediante o sistema de canon por dispoñibilidade, está corrixindo unha situación que dificulta a viabilidade da concesión tendo en conta o actual escenario económico-financeiro 
  • Subliña que a Autovía da Costa da Morte é unha débeda que o Goberno ten con esa zona desde o sucedido co Prestige

 Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2010.- O voceiro de Infraestruturas e secretario de organización do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, lamenta que os membros do PSOE critiquen ao Goberno galego por traballar por algo co que non están de acordo: que a Costa da Morte teña autovía para a presente lexislatura.

 Nesta liña, o dirixente popular lembrou que non teñen dereito a poñer en dúbida o rigor da xestión da Xunta, que busca elaborar un concurso exemplar, os que durante a pasada lexislatura adxudicaron a obra da autovía a unha empresa que se declarou insolvente para levala a cabo e apostaron por prevaricar inflando os gastos pola porta de atrás.

 Segundo Gómez Alonso, o que está facendo a Xunta é modificar as condicións dun concurso que se pensou con outra previsión de ingresos para adaptalo ás novas condicións de financiación. O Goberno galego, coa licitación mediante o sistema de canon por dispoñibilidade, está corrixindo unha situación que dificulta a viabilidade da concesión tendo en conta o actual escenario económico-financeiro.

 A SITUACIÓN FINANCEIRA ACTUAL

Con respecto a isto, o popular explicou que os bancos actualmente son moi reticentes a financiar as concesións coa contraprestación por “canon de demanda” á vista do risco e incertidume da evolución do tráfico. É, por tanto, máis factible unha operación financeira nun proxecto cuxos pagos da administración estén máis acotados de antemán, sendo éste a contraprestación por canon  de dispoñibilidade.

Para o sistema financiero, segundo Gómez Alonso, trátase dunha garantía para pechar os termos dunha financiación dun negocio que require un investimento tan elevado e que durante os primeiros anos (construcción) non xera ingresos.

 Así mesmo, o dirixente popular apuntou que no actual escenario financeiro, de pouco serve que se pida ás constructoras que executen unha obra cuns parámetros de calidade elevados de antemán se coñece que a súa capacidade para asumir o proxecto está limitada polo acceso á financiación. Ademais, como indicou o popular,  a Administración do Estado comprobou a dificultade e risco de licitar concesións baixo o sistema de canon de demanda e o mesmo aconteceu no resto das Comunidades Autónomas.

 Por iso, Gómez Alonso destacou que o Goberno galego estaría realizando un exercicio de responsabilidade estudiando esta problemática neste contexto xeral, para mellorar, desde o interese público, as súas licitacións.

 Por outra banda, o voceiro de Infraestruturas fixo fincapé no feito de que a concesión da Autovía Carballo-Berdoias está e vai estar financiada con fondos propios, que é a fonte de financiamento que realmente se desploma na Administración autonómica.

 Segundo Gómez Alonso, a pesar das complicacións que brinda a situación actual, o Goberno galego traballa e seguirá traballando para que antes de que venza esta lexislatura a Costa da Morte dispoña da autovía. Trátase dunha débeda que o Goberno galego ten con esa zona desde o sucedido co Prestige.

POLÉMICA  La decisión sobre esta infraestructura llega después de que el PSdeG denunciase en la adjudicación del vial, que nunca se completó, un presunto sobrecoste de 400 millones de euros.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s