La Xunta financia investigadores para recuperar literatura medieval y otros textos literarios en gallego

O CENTRO RAMÓN PIÑEIRO CONTARÁ CON 13 NOVOS INVESTIGADORES PARA AVANZAR NO DESENVOLVEMENTO DOS SEUS PROXECTOS

 El Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades contará con 13 nuevos investigadores con el fin de avanzar en el desarrollo de sus proyectos

  • O DOG publica hoxe a resolución da adxudicación das bolsas de estadías para investigadores de fóra de Galicia neste servizo de investigación da Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • El Diario Oficial de Galicia publica la adjudicación de las bolsas de estancias para investigadores de fuera de Galicia en este servicio de investigación de la Secretaría General de Política Lingüística

 

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2010.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de resolver a adxudicación das bolsas de estadías para investigadores de fóra de Galicia nos proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocadas por Orde do 10 de xuño de 2010.

 En total, son 13 os investigadores e investigadoras que colaborarán nos proxectos que actualmente ten en marcha o Centro Ramón Piñeiro –segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG)–, entre os que se atopan traballos sobre fraseoloxía galega, terminoloxía, tradución automática, literatura medieval, recuperación de textos literarios galegos ou  identidade galega.

 Estas bolsas de estadías están destinadas a licenciados e licenciadas, ou estudantes dos dous últimos anos de licenciatura, vinculados a universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.

 Os investigadores e investigadoras, que colaborarán nos proxectos do Centro Ramón Piñeiro ata final de ano, proceden de dúas universidades españolas, a Universidade Ramón Llull (Barcelona) e a Universidade de Zaragoza, e de dez estranxeiras: a Universidade da Habana (Cuba), as universidades brasileiras Federal da Bahía e do Sudoeste da Bahía, a Universidade de Fez (Marrocos), a Universidade de Lisboa (Portugal), a UNAM de México, a Universidade Estatal de San Petersburgo, a Universidade de Cork (Irlanda) e as universidades italianas de Siena e de Padua.

 Impulsar a investigación e a difusión exterior do galego

O Centro Ramón Piñeiro é un servizo de investigación dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) que ten como obxectivo primordial a promoción e o desenvolvemento de proxectos e programas galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos, así como a súa difusión.

 A través desta convocatoria de bolsas de estadías para investigadores de fóra da comunidade galega, que vén funcionando ininterrompidamente desde o ano 1997, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo pretende potenciar a investigación sobre o galego.

Ao mesmo tempo, as bolsas de estadía constitúen unha importante vía para difundir a lingua galega, a súa literatura e a súa historia fóra das fronteiras administrativas da comunidade.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s