TÉCNICOS DE AUGAS DE GALICIA INTENSIFICAN OS CONTROIS NO UMIA – TÉCNICOS DE AGUAS DE GALICIA INTENSIFICAN LOS CONTROLES EN EL UMIA
O conselleiro de Medio Ambiente visitará mañá o río Umia, a planta de tratamento de auga potable e reunirase co alcalde de Caldas de Reis
El consejero de Medio Ambiente visitará mañana el río Umia y la planta de tratamiento del agua potable y se reunirá con el alcalde de Caldas de Reis.
- Medio Ambiente asegura que o estado deste recurso non afecta á potabilidade, polo que a auga da traída é apta para o consumo
- Hoxe obtivéronse os resultados das últimas mostras obtidas polos técnicos da Consellería de Medio Ambiente
Santiago, 26 de setembro de 2010.- Os últimos recontos de cianobacteria das mostras tomadas por Augas de Galicia e o Laboratorio da Estación Ambiental de Lourizán implican a declaración da alerta 2 na captación de Segade e alerta 1 na de Rabuñade.
Estas medidas implican a intensificación dos controis a realizar e o aviso aos responsables do abastecemento e ás autoridades sanitarias, que se encargan de certificar a seguridade da auga nas redes dos concellos.
Por tanto, según a Xunta, «cómpre recordar que a presenza deste tipo de algas, por moi numerosa que sexa, non significa que exista toxina en auga, e en ningún caso que a auga potable estea contaminada, posto que as augas para o consumo son depuradas por procedementos que eliminan a presenza na auga desta toxina en caso de que se presentara».
Así pois, o aspecto do río non incide na potabilidade das augas da rede de abastecemento, que se confirma absolutamente segura. Ante as restricións de auga en Caldas, por mor da saturación nos filtros que diminúe a produción de auga potable para o consumo dos cidadáns, o Goberno galego manterá o servizo de abastecemento con cisternas o tempo que sexa necesario.
Neste senso, non se trata dun problema de calidade da auga senón de cantidade, polo que a achega de cisternas só ten como obxectivo completar o subministro, e non substituílo.
Nas captacións de Ponte Baión e Ponte Arnelas detectouse por primeira vez a presenza de cianobacteria, pero en niveis moi baixos, que non fan necesaria a declaración de alerta.
Control permanente
Os técnicos de Augas de Galicia visitan o encoro do Umia e as captacións de xeito continuo para realizar un seguimento da situación no encoro e nas augas do Umia. Así, na xornada de onte, os técnicos axustaron o réxime de saída da auga do encoro de Caldas, de modo que baixe a concentración de algas no río e se alivie a saturación da potabilizadora de Caldas.
Na saída de auga do encoro diminuíu a concentración de cianobacterias, polo que nos próximos días é previsible que diminúa a saturación da ETAP de Segade. Ademais, o nivel de auga no embalse estabilizouse, o que permitirá seguir tomando a auga no punto de menor concentración de algas.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitará mañá o río Umia, a planta de tratamento de auga potable e reunirase co rexedor municipal.