A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO INFORMA DA FINALIZACIÓN DA TRAXECTORIA PROFESIONAL DE SILVIA DOMÍNGUEZ COMO DIRECTORA XERENTE DA FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA
La Consejería de Cultura y Turismo informa de la finalización de la trayectoria profesional de Silvia Domínguez como directora gerente de la Fundación Ciudad de la Cultura.
- Silvia Domínguez comunicou a súa renuncia indeclinable, por razóns estritamente persoais, ao conselleiro de Cultura e Turismo na súa calidade de presidente da Fundación Cidade da Cultura.
Santiago, 24 de setembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo fai pública a finalización da traxectoria profesional de Silvia Domínguez no seu cargo de directora xerente da Fundación da Cidade da Cultura, responsablidade que viña desempeñando desde setembro de 2009 por decisión unánime do Padroado da Fundación.
Silvia Domínguez vén de comunicar a súa renuncia indeclinable, motivada por razóns estritamente persoais derivadas de problemas de saúde no seu entorno familiar en Arxentina, ao conselleiro de Cultura e Turismo na súa calidade de presidente da Fundación Cidade da Cultura.
Na súa renuncia, Silvia Domínguez agradece a oportunidade brindada “de colaborar nun proxecto tan importante e estratéxico para Galicia e que representa unha aposta forte polo futuro de todos os galegos”.
As súas funcións na xerencia da Fundación Cidade da Cultura pasarán a ser desempañadas pola actual directora económica-financieira, Beatriz González Loroño.