Encuentro entre pintores en el balneario de Mondariz

ROBERTO VARELA ASISTE EN MONDARIZ-BALNEARIO Á INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN PAISAXÍSTICA REALIZADA POLOS PARTICIPANTES NO “ENCONTRO ENTRE PINTORES XAVIER POUSA”

El consejero de Cultura y Turismo asiste en el balneario de Mondariz a la inauguración de la exposición paisajística realizada por los participantes en el Encuentro entre Pintores Javier Pousa.

  •  O conselleiro de Cultura e Turismo participará esta tarde no concello pontevedrés nos actos organizados pola Fundación Mondariz-Balneario para a clausura do “Encontro entre pintores Xavier Pousa”, que inclúen unha conferencia e un concerto  da Orquestra de Cámara Galega dirixida por Roxelio Groba Otero.
  • A Consellería de Cultura e Turismo colabora coa Fundación Mondariz-Balneario na realización do “Encontro entre pintores Xavier Pousa”. O acordo de colaboración contempla asemade a edición inédita da obra O Mariscal, que recollerá o valor das obras de Cabanillas e Rodríguez Losada.

 Mondariz-Balneario (Pontevedra), 24 de setembro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistirá esta tarde no concello de Mondariz-Balneario á inauguración da Exposición Paisaxística, na que se poden contemplar as obras dos participantes no “Encontro entre pintores Xavier Pousa”, organizado pola Fundación Mondariz-Balneario.

A xornada de clausura do encontro completarase coa conferencia Zonas liminares de la estética, a cargo do director de orquestra Ramón Torrelledó, e un concerto da Orquestra de Cámara Galega dirixido por Roxelio Groba Otero. Ao evento inaugural asistirán asemade o alcalde José Antonio Lorenzo e o presidente da Fundación, Javier Solano.

 Esta actividade atópase enmarcada no convenio de colaboración que a Consellería de Cultura e Turismo asinou o pasado mes de xullo coa Fundación Mondariz-Balneario para a realización de actividades culturais. En virtude deste acordo, a Consellería de Cultura e Turismo promove o encontro anual organizado pola Fundación no que pintores das máis importantes facultades acoden a coñecer e plasmar en lienzo a súa visión persoal da vila termal. Os participantes teñen a oportunidade de expoñer a obra realizada por eles nunha exposición aberta ao público que eles mesmos presentan como protagonistas.

 Do mesmo xeito, a Consellería de Cultura e Turismo colaborará coa Fundación Mondariz- Balneario na publicación inédita da obra O Mariscal, que recollerá o valor das obras de Cabanillas e Rodríguez Losada.

O Mariscal

O Mariscal foi a primeira ópera escrita en galego, composición do músico e arquitecto Eduardo Rodríguez Losada con libreto de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte. Ramón Cabanillas tivo unha gran relación coa Fundación Mondariz-Balneario, escribindo tres das súas obras en Mondariz; igualmente a peculiaridade da arquitectura desta vila e a súa tradición musical, fan que a Fundación Mondariz-Balneario apoie este evento musical cun proxecto inédito e completo promovendo a publicación deste traballo que recollerá o valor das obras dos protagonistas Ramón Cabanillas e Eduardo Rodríguez Losada.

 Paralelo a esta edición do libreto, destacan as representacións da ópera que se realizarán o 18 de novembro no Centro Cultural Caixanova de Vigo, e o 19 do mesmo mes no Teatro Colón Caixa Galicia na Coruña. A actuación está enmarcada no ciclo Xacobeo Classics que recupera agora esta partitura lírica, que foi estreada o 31 de maio de 1929, e que está baseada nun dos episodios fundamentais da historia galega que retrata o enfrontamento entre a nobreza galega e o poder central.

Será unha versión en concerto na que o público asistente poderá gozar coas interpretacións dos artistas líricos galegos máis representativos da actualidade, a soprano galega Teresa Novoa, Premio Nacional de Música en 2001, e o barítono Javier Franco, que o pasado verán obtivo un grande éxito en Viena con Maria di Rohan de Gaetano Donizetti. Contará, ademais, coa participación da Orquesta Sinfónica de Galicia que nesta ocasión estará baixo a batuta de Joám Trillo, autor da edición moderna da partitura.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s