RESPONSABILIDADE DO DR. LUIS VERDE ( EX-XERENTE DA ÁREA DE COMPOSTELA )
SOLUCIÓN OU NON DA DR. ELOÍNA NÚÑEZ
Primeira Parte
Dende CIG-SAÚDE COMPOSTELA, estamos a observar como se está producindo un incremento entre os traballadores/as dos ACCIDENTES DE TRABALLO POR PICADURAS E CORTES por non dispor de dispositivos de bioseguridade ( como existe no resto de hospitais de Galiza ) e non ser remprazados os existentes tal e como se establece na normativa vixente:
-
Orden do 15 de Setembro do 2008 do Servizo Galego de Saúde publicado en DOG
-
Orden ESS/1451/2013 do 29 de Xullo e publicada no BOE.
Datos accidentes, referentes ao ano 2015 ( xaneiro-novembro)
-
producidos por picaduras, cortes e salpicaduras 185 accidentes dun total de 387. Vén representando case un 48% dos accidentes comunicados polo persoal
- Deses 185 accidentes, 152 son producidos no complexo hospitalario de Santiago, o que representa un 82%
- Dende Novembro do 2015, non se dispoñen de datos, ao empezar a usarse notificacións de accidentes electrónicas ( prevén-xesd@ ) que non permiten a exportación de datos,pero supoñemos que o número aumentou á vista das notificacións existentes todos os días ( especialmente numerosas e chamativas as notificacións de picaduras con agullas dos bolígrafos de insulina, dada a mala calidade destas )
CIG-SAÚDE COMPOSTELA, leva tempo denunciando e alertando de tal incremento de accidentes no COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE da Área de Xestión, pero é no ano 2016 ante a pasividade da Xerencia Hospitalaria, cando se presenta denuncia perante a INSPECCIÓN DE TRABALLO.
- Obrigación de substituir paulatinamente os equipos de punción por dispositivos de bioseguridade como marca a normativa
-
Obrigación de realizar actividades formativas sobre medidas de protección fronte a axentes biolóxicos e manexo dos dispositivos de bioseguridade, por parte da Xerencia cara os traballadores ( levamos anos sin unha actividade formativa por parte da Xerencia en materia de PRL , e mesmo poñendo problemas aos traballadores que piden horas de formación para asistencia a cursos de PRL que nós mesmos organizamos )
-
Obrigación de revisar a calidade dalgún material ( luvas, mascarillas, xiringas …) non se aforra máis con material de mala calidade, ao contrario.
-
Obrigación de entrega de Uniformidades aos traballadores/as e EPIs con periodicidade suficiente.
AS MEDIDAS DE AFORRO, NUNCA PODEN IR EN CONTRA DA SEGURIDADE DOS TRABALLADORES/AS.
Incluso a propia inspección de traballo, eleva un requerimento á Xerencia de Santiago o pasado Luns 3 de Abril, na que insta a que esta substitución de material sexa efectiva nun prazo de 3 meses.