O goberno galego aposta pola prevención como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxenciasDurante o simulacro activaranse as sereas que avisarían á poboación en caso de activación do Plan de Emerxencia
- Sala de comunicación/
- Actualidade/
- Novas
A Xunta realizará mañá un simulacro cunha proba de sereas de aviso á poboación en presas dos concellos de Cervo, Touro e Vila de CrucesO goberno galego aposta pola prevención como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias
Durante o simulacro activaranse as sereas que avisarían á poboación en caso de activación do Plan de Emerxencia
Santiago, 28 de novembro de 2016
A Xunta de Galicia ten previsto realizar mañá un proba das sirenas de aviso á poboación adscritas aos Plans de Emerxencia das Presas do Río Cobo e o seu dique de collado, en Cervo, e as presas de Touro e Brandariz, no río Ulla, nos concellos de Touro e Vila de Cruces. Esta proba se realizará coa colaboración dos titulares das infraestruturas, Alcoa, Gas Natural Fenosa e PHG, Augas de Galicia, persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados.
O sinal de aviso de alerta e fin de alerta será audible a partir das 10:30 da mañá do día 29, nos núcleos de San Cibrao en Cervo, e no entorno do Ulla nos concellos de Touro e Vila de Cruces. Esta proba, que terá unha duración de 5 minutos, non afectará á actividade diaria dos veciños. Con esta proba se pretenden acadar dous obxectivos principais; dunha banda garantir a operatividade dos sistemas, e doutra que a poboación das zonas afectadas recoñeza o son da sirena de aviso de evacuación.
En Galicia, nestes intres, hai 36 plans de emerxencia de presa aprobados, dos que 14 se atopan na bacía de Galicia-Costa. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de Emerxencias; son plans que buscan estar o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalación, e deste xeito garantir a seguridade dos cidadáns do entorno.
Estas probas estarán supervisadas polo Director Xeral de Emerxencias e Interior que se desprazará ás instalacións da presa de Touro para comprobar in situ a activación da sirena desde a sala de emerxencias, acompañado por técnicos desta dirección xeral, de Augas de Galicia e da propia empresa.
Aposta pola prevención
Desde a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior se quere subliñar a importancia que teñen este tipo de exercicios, xa que dan a coñecer á poboación da zona as medidas de autoprotección a aplicar en caso dunha emerxencia destas características, ademais de mellorar a coordinación efectiva entre as administracións e as empresas para garantir a seguridade na zona.
Tu voto:
Comparte esta noticia:
- Haz clic para enviar un enlace por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva) Correo electrónico
- Haz clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Haz clic para compartir en LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
- Haz clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Haz clic para compartir en Pocket (Se abre en una ventana nueva) Pocket
- Haz clic para imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Haz clic para compartir en Pinterest (Se abre en una ventana nueva) Pinterest
- Haz clic para compartir en Tumblr (Se abre en una ventana nueva) Tumblr
- Haz clic para compartir en Reddit (Se abre en una ventana nueva) Reddit
- Haz clic para compartir en WhatsApp (Se abre en una ventana nueva) WhatsApp
- Haz clic para compartir en Telegram (Se abre en una ventana nueva) Telegram
- Haz clic para compartir en Mastodon (Se abre en una ventana nueva) Mastodon
- Haz clic para compartir en Nextdoor (Se abre en una ventana nueva) Nextdoor
