A Xunta destina 6 millóns de euros á recuperación de zonas afectadas polos incendios forestais deste verán — RSS do Portal da Xunta de Galicia

A conselleira do Medio Rural supervisou hoxe os labores desenvolvidos no concello pontevedrés de Arbo, onde salientou o importante esforzo levado a cabo para recuperar o potencial forestal destas áreas.Os traballos consisten na consolidación de solos e control de riscos hidrolóxicos erosivos, sementados rexenerativos, eliminación de madeira queimada sen valor de mercado ou aproveitamento daquela…

A Xunta destina 6 millóns de euros á recuperación de zonas afectadas polos incendios forestais deste verán

A conselleira do Medio Rural supervisou hoxe os labores desenvolvidos no concello pontevedrés de Arbo, onde salientou o importante esforzo levado a cabo para recuperar o potencial forestal destas áreas.

Os traballos consisten na consolidación de solos e control de riscos hidrolóxicos erosivos, sementados rexenerativos, eliminación de madeira queimada sen valor de mercado ou aproveitamento daquela recuperable, entre outras accións.

Na provincia de Pontevedra, Medio Rural está a actuar en diferentes municipios, ademais de Arbo. Así, as intervencións céntranse nos de Catoira, Caldas de Reis, Soutomaior, Cotobade e Pontevedra (na parroquia de Ponte Sampaio).

Os traballos consisten en actuacións específicas de consolidación de solos e control de riscos hidrolóxicos erosivos, sementados rexenerativos e eliminación de madeira queimada sen valor de mercado para mellorar a posterior rexeneración do arborado ou aproveitamento da madeira recuperable. Tamén se intervén na mellora das infraestruturas forestais nas zonas queimadas, reparando as cunetas e as obras de paso para facilitar a capacidade de evacuación de augas, así como para recuperar peches gandeiros afectados, incluíndo a substitución dos queimados e as súas infraestruturas complementarias.

Unha das técnicas empregadas é a coñecida como “mulching”, que consiste en distribuír palla e outros materiais de orixe vexetal nas zonas afectadas, ben manualmente ou dende un helicóptero (“helimulching”) para rexenerar os solos e evitar arrastres polas chuvias. Estes traballos teñen unha gran eficacia, xa que chegan a reducir a erosión en máis dun 90 por cento nas áreas nas que se aplican.

No caso concreto de Arbo actuouse xa con este tipo de técnicas en máis de 70 hectáreas, que coinciden coas áreas máis sensibles. Ademais, colocáronse barreiras filtrantes en preto de 3 quilómetros lineais, en combinación con helimulching e aporte de ramaxe, para a protección do solo. Por outra banda, recuperáronse pistas e levouse a cabo o apeo manual de árbores afectadas para posterior retirada e trituración, con vistas á súa venda, así como a trituración de árbores non comerciais e a reunión e astelado de madeira non aproveitable.

 

A Xunta destina 6 millóns de euros á recuperación de zonas afectadas polos incendios forestais deste verán — RSS do Portal da Xunta de Galicia

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s