El sindicato CIG denuncia los problemas e incertidumbre en el entorno del hospital Gil Casares generados por la construcción del Campus de la Salud

A Xunta de Persoal da área sanitaria de Santiago demanda que os orzamentos para 2017 inclúan unha partida para a elaboración dun proxecto que contemple e concrete a execución dunha infraestrutura para a reubicación dos servizos do hospital Gil Casares. Alerta da actual situación de incerteza na que se atopa tanto o seu persoal como as persoas usuarias por mor da construción do Campus da Saúde.

COMPOSTELA.- A construción do campus da Saúde (faculdade de Medicina, Enfermería e Odontoloxía) na contorna e espazo do Hospital Gil Casares está suscitando unha enorme incerteza entre as traballadoras e traballadores do hospital que descoñecen onde e como se van ubicar os servizos asistencias que presta: medicina interna, psiquiatría, coidados paliativos, dermatoloxía, atención temperá, cancro de mama, servizo de Rx e codificiación.

Por iso a Xunta de Persoal acordou solicitar xuntanzas con todos os grupos parlamentarios: PP, PSOE, En Marea e BNG para que se atenda a súa demanda de incorporar nos orzamentos unha partida específica que contemple a reubicación de todos estes servizos e que teñan en conta tamén os graves problemas de aparcamento que hai na actualidade na zona.

Ante a incerteza que esta a producir entre os traballadores/as e usuarios da área sanitaria de Santiago a contrucción do campus da saúde ( Facultade de medicina, enfermaría e odontoloxía) na contorna e espazo do Hospital Gil Casares e as dúbidas que suscita a ubicación dos servizos asistenciais ubicados en dito hospital,( medicina interna, psiquiatría, cuidados paliativos, dermatoloxía, atención temperá, cangro de mama, servizo de Rx e codificación) así como os problemas de aparcamento que se están a agravar día a día .

A xunta de persoal da área sanitaria de Santiago reunida en pleno o día 26 de outubro do presente ano acordo solicitar unha reunión cos grupos parlamentarios con representación no parlamento de galicia, Partido Popular, En Marea, Partido Socialista de Galicia e Bloque Nacionalista Galego, para reclamar que nos orzamentos que se debatan este ano para a súa aprobación para o 2017, se dote unha partida orzamentaria para a elaboración dun proxecto que contemple e concrete a execución dunha infraestructura para a reubicación dos servizos do Hospital Gil Casares e a súa contorna.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s