Aún quedan plazas vacantes en los cursos de mayo del aula CeMIT en Ames

AULA CEMIT-

Aínda quedan prazas vacantes nos cursos de maio da aula CeMIT-

martes, 17 mayo 2016, por Ayuntamiento de Ames.

No curso “Aprende a usar o teu smartphone ” as persoas participantes non aprenderán soamente a manexar os seus teléfonos móbiles, senón tamén as aplicacións que poden axudalas a obter deles un mellor rendemento. O curso desenvolverase entre os días 9 e 25 de maio, os luns e mércores en horario de 10:00 a 11:30 horas.
O segundo obradoiro, “Crea a túa web”, está enfocado á creación de páxinas web persoais para a procura de emprego. O curso xa comezou- o día 25 de abril- e estenderase até o día 25 de maio, tendo lugar os luns e os mércores en horario de 12:00 a 13:00 horas. Terán preferencia de matrícula aquelas persoas que participaron no curso de emprego 2.0.
“Iniciación ao Writer”, o terceiro curso dirixido a persoas adultas, ensinará aos usuarios e usuarias a empregar o software gratuíto e de libre uso LibreOffice. O curso comezou este martes, 10 de maio, e estenderase até o 2 de xuño, tendo lugar os martes e os xoves en horario de 10:00 a 11:30 horas.
Nenos e nenas poden participar nalgunha das tres quendas do curso “Creación de cómics”, que se desenvolve entre os días 23 de maio e 16 de xuño. A primeira quenda está dirixida e nenos e nenas de 7 a 9 anos, en horario de 17:00 a 18:00 horas os luns de cada semana. Na segunda quenda poden apuntarse nenas e nenos de 10 a 12 anos, en horario de 18:30 a 19:30 horas e tamén en luns. A terceira quenda, que terá lugar os xoves de 18:30 a 19:30 horas, está aberta á participación de nenas e nenos de todas as idades. Terá lugar os xoves de 18:30 a 19:30 horas.
A outra actividade para nenos e nenas, de entre 4 e 6 anos neste caso, é “Debuxamos?”. O curso desenvolverase do 23 de maio ao 16 de xuño, os xoves entre as 17:00 e as 18:00 horas. Dende a Aula CeMIT infórmase de que todos os cursos son gratuítos, mais que o número de prazas dispoñible non é moi amplo, polo que animan a todas as persoas interesadas en participar a chamar canto antes.
A inscrición en calquera das actividades pode facerse na propia Aula CeMIT, na Casa da Cultura de Bertamiráns, a través do teléfono 662 371 511, ou a través da web https://cemit.xunta.es/gl/centro/9

Aula Aberta
Cando non se están realizando cursos, a aula CeMIT conta cun servizo de aula aberta no que se poden utilizar os equipos de xeito libre. O horario é de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas, sempre que non existan actividades planificadas. Hai que lembrar que nos ordenadores da Aula CeMT está instalado o programa Ktouch co que se pode aprender mecanografía. Ademais, os alumnos/as e ex-alumnos/as dos cursos poden acudir a repasar os contidos realizados nas clases.

¿Y tú qué opinas de esto?