Cien especialistas de 12 países en el estudio de esqueletos y momias reunidos en Santiago

-Especialistas no estudo de esqueletos e momias exploran en Bioloxía as sinerxías entre paleodieta e paleopatoloxía –

  • Participaron preto dun cento de especialistas de doce países.

Procedentes dunha ducia de países, un cento de especialistas no estudo de esqueletos e momias xuntáronse recentemente na Facultade de Bioloxía da USC para explorar as distintas conexións entre a paleodieta e a paleopatoloxía con especial interese na aplicación dos máis modernos métodos bioxeoquímicos (ADN, isótopos estables ou proteómica, entre outros). Ao longo de dous días de encontro presentáronse unha vintena de relatorios e pósteres sobre cuestións como a intoxicación por chumbo debido ao consumo de ron nas illas Orientais, o achado de ovellas finlandesas medievais alimentadas a bases de peixe e feces humanas ou a identificación de casos de lepra na Europa Medieval mediante ADN antigo.
Como explican os promotores do evento, desenvolvido co lema ‘ Paleodiet meets paleopathology’, esta foi unha iniciativa pioneira que reuniu especialistas de diferentes disciplinas que converxen no estudo sobre o ser humano na antigüidade achegando datos de gran valor para ciencias como a arqueoloxía, a bioloxía, a química ou a antropoloxía física. O obradoiro organizárono a investigadora da USC Olalla López-Costas; Gundula Müldner, da Universidade de Reading (Reino Unido);  Aurora Grandal, da Universidade da Coruña. A alta participación de investigadoras así como o elevado número de persoal investigador novo foron outros dos aspectos resaltados pola organizadoras, e a á vista dos que prevén “un prometedor futuro destas liñas de investigación”.
O encontro desenvolveuse no marco das actividades de difusión científica da Rede Consiliencia, que financia a Xunta de Galicia, e que vincula grupo s de investigación das universidades de Santiago e a Coruña nos ámbitos da arqueoloxía, historia, ciencias sociais, antropoloxía física, ciencias da terra e tecnoloxías da información e comunicación.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s