Ana Barrios (CCOO) e Jose Luis Fernandez (UGT) presentan a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para establecer unha prestación de ingresos mínimos para os 2,1 millones de persoas que carecen de recursos.
martes, 29 septiembre 2015, 11:29, por
- CCOO e UGT presentan o inicio da campaña de recollida de sinaturas para unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para establecer unha prestación de ingresos mínimos para as persoas que carecen de recursos.
29-09-2015.- CCOO-Ourense e UGT-Ourense presentarán a ILP por unha prestación de ingresos mínimos para as persoas que carecen de recursos.Segundo os cálculos sindicais, esta prestación axudaría a máis de dous millóns de persoas en todo o estado, preto de noventa mil en Galicia, «persoas que poden e queren traballar, pero que non o poden facer, e ás que os actuais mecanismos oficiais de protección non dan resposta e que carecen, por tanto, de recursos para vivir».
Na comparecencia, que terá lugar mañá na sede provincial de CCOO intervirán José Luis Fernández Celis e Ana Isabel Barrios López, Secretarios Xerais provinciais de ámbalas duas centrais sindicais que explicarán polo miudo os motivos da campaña de recollida de sinaturas que ámbalas dúas organizacións levarán a cabo ao respecto nos próximos meses na provincia de Ourense ao mesmo tempo que no resto do estado.
