CiG-Saúde denuncia que el Sergas “modifica el calendario de vacunación infantil doblegándose al chantaje de las multinacionales farmacéuticas”

SANIDAD GALICIA

A CIG-Saúde denuncia o desabastecemento de medicamentos e a falta de resposta do goberno diante dun problema de saúde pública

O SERGAS modifica o calendario de vacinación infantil dobregándose á chantaxe das multinacionais farmacéuticas

Compostela, maio de 2015.- A CIG-Saúde denuncia a modificación do calendario de vacinación infantil que se vén de comunicar vía circular aos centros de saúde, diante do desabastecemento provocado polas multinacionais farmacéuticas. María Xosé Abuín, secretaria nacional, considera que no canto de denunciar a actitude dos laboratorios, a consellaría “dobrégase á súa tiranía” priorizando os seus intereses aos das e dos doentes.

Segundo explicou Abuín en rolda de prensa a modificación do calendario de vacinación vén provocado polo desabastecemento a nivel mundial por parte dos dous laboratorios que elaboran a vacina pentavalente (Difteria, Tétanos, Tos Ferina, Polio, Haemophilus e Meningococo) e a trivalente (difteria, Tétanos, tosferina). Con este cambio a consellaría substitúe a pentavalente, que se administra aos 4 e 18 meses, pola hexavalente que inclue a Hepatite B, e retrasa a trivalente, que se administra aos 6 anos, ata que se dispoña de existencias.

Ante isto, Abuín lembrou que ”o calendario de vacinas está deseñado por profesionais da sanidade pública” e denunciou que o que se está facendo é mudalo por outro “que impón a industria farmacéutica”.

A este respecto, a pediatra Marian Rodríguez, sinalou que o desabastecemento con algún medicamento sempre foi algo puntual pero “nos últimos tempos é algo habitual”, até o punto de que onte, na páxina do Ministerio, informábase de 188 medicamentos desabastecidos.

Ao desabastecemento de vacinas engadiu o desabastecemento que, de xeito recorrente, hai de antibióticos en suspensión que se utilizan para o tratamento habitual de infeccións de nenos e nenas pequenas. Unha situación que, segundo explicou, provocou que a Asociación Española de Pediatría tivera que publicar protocolos alternativos porque os tratamentos de elección non estaban no mercado. “O segundo tamén chegou a desaparecer e houbo que recorrer a un terceiro moito máis caro. Non pode ser que dependamos de que as farmacéuticas nos dispendesen os medicamentos que precisamos ou non”, afirmou.

Vacinas para adultos

Respecto das vacinas para adultos sinalou que hai situacións nas que é precisa a súa administración, sobre todo cando teñen outra enfermidade que vai supor unha inmuno supresión, por exemplo en caso de doentes con enfermidades crónicas que precisan tratamentos biolóxicos. “Sábese que van provocar un problema de inmunidade e previo á súa administración póñenselles as vacinas porque se sabe que van ter alto risco de contraer certas enfermidades”.

Segundo Rodríguez por mor deste desabastecemento hai que atrasar o tratamento para a enfermidade crónica, até que cheguen as vacinas e en función de cantas cheguen, coas consecuencias que ten para a calidade de vida do/a doente.

Problemas coa tuberculina

Xunto a isto, na rolda de prensa denunciáronse tamén os problemas de abastecemento, desde hai aproximadamente un ano, de tuberculina, necesaria para facer as probas diagnósticas da tuberculose.

Segundo explicou Miriam Rodríguez, esta proba podía realizarse antes en atención primaria ou nos hospitais pero agora está tan controlada a cantidade que, para non desperdiciar nin unha pinga, tivo que centralizarse o seu uso obrigando ás/aos doentes a desprazarse ás UTBs ou hospitais comarcais.

Investigación e fabricación de medicamentos no sistema público

Para a secretaria nacional da CIG-Saúde, con esta decisión a consellaría sitúa os intereses das farmacéuticas por enriba dos intereses dos doentes. “O que queren as farmacéuticas é ter un control absoluto sobre as enfermidades e os tratamentos poñendo no mercado os medicamentos que queren e ao prezo que queren. O que din os gobernos sobre a insostibilidade do sistema sanitario público vén provocado polo incremento do prezo dos medicamentos e non por outras razóns”, asegurou.

Por iso, para a CIG-Saúde o goberno galego ten que instar ao goberno central e se este non ten competencia, á propia Unión Europea, para “saltarse as patentes e comezar desde xa a fabricar os medicamentos que necesita a poboación e non o que marca a farmaindustria”.

Para isto a CIG-Saúde demandou que se incremente a investigación pública para que se poidan fabricar os medicamentos con patentes públicas superando así o somentemento aos ditames destas empresas multinacionais.

Preguntada polas xornalistas respecto da vacina do meningoco B, María Xosé Abuóin declarou que “a solución non pode ser a súa dispensación en farmacias. Ten que formar parte do calendario de vacinación infantil e dispensarse nos centros de saúde. O contrario é limitar o seu acceso a quen poida pagala”.

Confederación Intersindical Galega

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s