A ODS-Coia, a parroquia do “Cristo da Vitoria” e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos un ACTO de ENTREGA COLECTIVA do TÍCKET ELÉCTRICO da Xunta baixo o lema:“NINGÚN NEGOCIO COAS NOSAS NECESIDADES”.
Será o MARTES 28 de abril a partires das 10:30 na DELEGACIÓN da XUNTA de GALICIA en VIGO (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).
A Xunta de Galicia a través da propaganda e/ou a simulación pretende substituír os dereitos por esmolas. Lonxe de mudaren a desigualdade e a inxustiza crecentes, o goberno autonómico perpetúa coas súas políticas unhas estruturas que enchen os petos duns poucos a costa de facer negocios coas necesidades básicas de todas.
Un exemplo desta políticas é a convocatoria do Tícket Eléctrico. A Xunta de Galicia ten aberto o prazo, até o 30 de abril, para solicitar dito tícket. Ao igual que na anterior convocatoria, consiste nunha…
Ver la entrada original 103 palabras más