XUVENTUDE OFERTA 800 PRAZAS PARA PARTICIPAR EN CAMPOS DE TRABALLO DE GALICIA, OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E O ESTRANXEIRO

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

  • A convocatoria acaba de publicarse na web http://xuventude.xunta.es e o prazo de inscrición abrirase o mércores 22 de abril
  • Preto de 500 prazas estarán en Galicia, máis dun cento no resto de España, e case 200 distribuiranse en distintos países de todo o mundo
  • Os seus destinatarios son mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos

Santiago, 16 de abril de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta este ano preto de 800 prazas para participar en campos de traballo de Galicia, doutras comunidades autónomas e de distintos países do mundo. A convocatoria acaba de publicarse na web http://xuventude.xunta.es e o prazo de inscrición abrirase o próximo mércores 22 de abril.

O total de prazas distribúese do seguinte xeito: 485 de acollida en instalacións desta comunidade autónoma; 115 noutras zonas de España; e 197 serán de envío a…

Ver la entrada original 279 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?