- Estas rebaixas estarán dirixidas a subvencionar os traxectos de media distancia e cercanías
Santiago, 9 de abril de 2015.- O Grupo Popular defendeu hoxe no Parlamento a necesidade de que Renfe analice a viabilidade de establecer bonificacións e tarifas especiais para o colectivo de persoas paradas ou desempregadas que, en especial, estarán dirixidas a subvencionar os traxectos de media distancia e cercanías.
O portavoz de Infraestruturas, Alejandro Gómez Alonso, explicou que non existe ningunha bonificación ou tarifa especial para o colectivo de persoas paradas ou desempregadas residentes en Galicia nin no resto do territorio nacional. “O establecemento de tarifas especiais para determinados colectivos no transporte público, ademais de representar unha axuda social, é unha maneira de fomentar o transporte público”, indicou.
“Polo tanto, dado o índice de paro existente en España e en Galicia, aínda que a Comunidade galega presenta un mellor comportamento neste sentido, parece lóxico analizar a posibilidade…
Ver la entrada original 22 palabras más