SantYaGo10k ya se acerca a los 200 inscritos cuando faltan 50 días para la carrera nocturna por el Casco Histórico de Santiago

CARRERA SANTIAGO

SantYaGo10K xa se achega aos 200 inscritos 50 días antes da carreira nocturna polo Casco Histórico

sábado, 21 marzo 2015, 23:00, por Ayuntamiento de Santiago de Compostela

SantYaGo10K é unha nova carreira que busca converterse a medio prazo nunha referencia para todos os afeccionados ao running de Galicia e incluso de España. A carreira nace da man do Club de Atletismo Fontes do Sar que, logo de participar en ducias de carreiras en toda España, deseñou unha cita pensando nos corredores populares e tomando os mellores detalles dunha multitude de probas de todo tipo.SantYaGo10K conta coa colaboración do Concello de Santiago.
Malia o gran número de carreiras que existen actualmente, SantYaGo10K ten unha característica única que fará dela unha experiencia distinta para os participantes: é unha carreira nocturna cun circuíto que percorre o Casco Histórico de Santiago, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e que remata na praza do Obradoiro, no punto final do Camiño de Santiago.
A liña de saída situarase na avenida de Xoán XXIII, a apenas 200 metros da praza do Obradoiro. O circuíto de 10 quilómetros pasará por varias das rúas principais do Casco Histórico e do centro da cidade. Tamén pasará pola Alameda, onde se poderán contemplar unha das mellores panorámicas do Casco Histórico e da Catedral.
A saída será o sábado 9 de maio ás 22:00 horas e estímase o peche da carreira ás 23:30 horas. O circuíto, validado pola Real Federación Española de Atletismo, ten unha distancia homologada de 10 quilómetros. A data e a hora da carreira están pensadas para incentivar tamén que participantes e os seus amigos e familiares procedentes doutros lugares de Galicia e España poidan pasar unha fin de semana na cidade, unindo deporte e turismo.
As inscricións para SantYago10K poden realizarse a través de dúas canles: a través da páxina oficial do evento, www.santyago10k.es; ou presencialmente, nas recepcións do Multiúsos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel.

¿Y tú qué opinas de esto?