Un ano máis xa están aquí as «III Xornadas sobre o Entroido de Galiza» que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración do concello de Pontevedra (Concellería de Festas).
Este ano e grazas á colaboración da Concellería de Patrimonio, as xornadas (conferencias e exposición) terán lugar no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA). Coido que é unha grande oportunidade para aqueles que queiran saber máis sobre a festa tradicional , na miña opinión, máis importante e de maior fondura cultural do ano. Por outra banda, nesta edición contaremos cunha magnífica exposición na que poucas veces se terán visto tantos traxes e elementos do entroido xuntos, así que este é outro motivo para non perderse este encontro anual coa nosa cultura galega.
Rolda de prensa da presentación das III Xornadas sobre o Entroido de Galiza:
Diario de Pontevedra


