UNHA XORNADA TÉCNICA SOBRE XANTAR NA CASA REÚNE MAÑÁ EN SANTIAGO A MÁIS DE 70 PROFESIONAIS DOS SERVIZOS SOCIAIS

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

 Incluirá a presentación da ferramenta “Xantar en rede”, que permite acceso en tempo real a incidencias nos domicilios
 Unha mesa redonda plantexará a visión deste programa dende o punto de vista dos servizos sociais municipais, dos domicilios e dos profesionais da saúde

Santiago, 19 de febreiro de 2015.- O programa de comida a domicilio Xantar na Casa centra mañá unha xornada técnica na que participarán máis de 70 profesionais dos servizos sociais, tanto municipais como autonómicos.

A xornada, que se celebrará no Hotel Eurostars San Lázaro, foi organizada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e está dirixida a técnicos de servizos sociais dos concellos nos que se presta este servizo, doutros concellos que están interesados no mesmo e profesionais dese sector no ámbito autonómico.

O encontro arrancará ás 9,45 horas cunha mesa redonda na que se exporá a visión deste programa dende os servizos sociais…

Ver la entrada original 259 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?