CIG-Saúde Lugo denuncia “os recortes temerarios impostos pola Xunta”

NOTA DE PRENSA

RECORTES SANIDAD

GALICIA

CIG-Saúde Lugo denuncia “os recortes temerarios impostos pola Xunta mentres aplica unha política de malgasto doloso”

Non se substitúe persoal e redúcese o orzamento sanitario, pero mantéñense as privatizacións con empresas que non cumpren os pregos
A CIG-Saúde de Lugo denuncia as dúas varas que emprega o Goberno galego, neste caso no SERGAS,  á hora de aplicar as súas políticas de “austeridade” e aforro, xa que dunha banda impóñense recortes brutais na atención sanitaria que mesmo poñen en perigo a saúde dos/as doentes e comprometen o traballo dos/as profesionais da sanidade, ao tempo que “malgasta a man cheas” en privatizacións que sobradamente se teñen revelado como inútiles.

A seguir reproducimos o comunicado da CIG-Saúde de Lugo no que se expoñen dous exemplos desta distinta “vara de medir”:

O día 25 de febreiro, domingo, na quenda de Noite, a Supervisora de garda negouse a substituír a baixa dunha Enfermeira de Quirófano do HULA, producida por sufrir un accidente “in itinere” . Este feito constitúe unha temeridade grave, na medida en que se trata dunha quenda onde a cobertura de persoal é de mínimos,  e dun servizo onde se atenden urxencias vitais.

Trátase do “non vai máis” en canto a recortes de persoal, difícil de imaxinar até agora, pero que se suma a unha política sostida de precarización do sistema público que se concreta en ofertas de emprego ridículas –ou ausencia delas para o persoal non sanitario- ou en cubrir necesidades permanentes –ano tras ano- con persoal eventual ao que se lle renova mes a mes, no mellor dos casos. Tamén se podería citar, como exemplo de desinversión na Sanidade Pública, a negativa a ampliar a cobertura da Hemodinámica ás 24 horas, tan demandada pola poboación luguesa.

A outra cara da moeda represéntaa á perfección a privatización da Sección de Electromedicina, reiteradamente denunciada pola CIG-SAÚDE. Cando imos para dous anos dende que o SERGAS adxudicou esta sección de mantemento de determinados equipos de electromedicina á empresa IBERMANSA, por unha cantidade que supera os 30 millóns de Euros, a calidade do servizo non mellora en absoluto. A modo de exemplo baste enumerar algunhas das incidencias que se están a producir nestes días:

–          No Hospital de Monforte, unha centrifugadora de Laboratorio leva avariada dende o mes de decembro, e unha Procesadora de Radioloxía, dende o luns pasado, afectando gravemente ao traballo diario.

–          No Hospital da Costa, unha Autoclave e unha Lavadora de Esterilización levan un mes avariadas.

–          No HULA, un motor eléctrico utilizado nos Quirófanos de Traumatoloxía, leva dende o mas de maio do ano pasado sen reparar.

Cómpre lembrar que a empresa se comprometeu, cando concursou, a uns tempos de resolución de avarías de 12 horas para casos críticos, 18 para os urxentes e 24 para os normais, e a substituír os equipos cando non puidese cumprir os tempos sinalados.

Van ter razón os portavoces do Partido Popular cando se afanan en difundir que levan cumprido o 80% do seu programa electoral. No caso da Sanidade isto é certo, cun pequeno detalle: trátase do seu programa oculto.

CIG-SAÚDE LUGO

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s