A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago as VI Xornadas Interdisciplinarias de Atención Temperá ‘Semente de Futuro’
O protocolo creará un espazo común entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais
Mato destacou que entre os obxectivos da Rede inclúense a mellora da autonomía e calidade de vida dos menores con discapacidade e o fomento da prevención das situacións de dependencia
A titular de Benestar avanzou que o orzamento para a atención temperá incrementarase en 2015 nun 162% achegándose aos 600.000 euros
Santiago, 28 de novembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar aprobará antes de que remate este ano un protocolo de coordinación que creará un espazo común entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais e permitirá a posta en marcha da Rede Galega de Atención Temperá. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha atención “integral…
Ver la entrada original 481 palabras más