DESMANTELAN HOSPITAL
Dende Cig-saúde Compostela queremos facer partícipes da situación na que se atopa o H. Gil Casares e o seu persoal.
A/a:
Dr. Luis Verde – Xerente da Área de Xestión Integrada de Santiago de Compostela
D. Agustin Hernandez – Alcalde do Concello de Santiago
Parlamento de Galiza
Os delegados de CIG-Saúde Compostela diríxinsexe a Vde. co fin de abordar a situación na que actualmente se atopa o Hospital Gil Casares, ante a falta de información por parte da Xerencia cos representantes dos traballadores e mesmo cos traballadores/as.
Así, en relación ao desmantelamento progresivo do Hospital Gil Casares, e medidas de diminución da súa actividade asistencial, que se ven obxectivando,EXPOÑEMOS:
- · A planta de Medicina Interna continúa pechada e sen data de próxima apertura, cando estaba prevista para o pasado día 15 de Outubro.
- · O intento de peche estival (até mediados do outubro) da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica, que ao final foi abortada, entendeuse como un primeiro paso para un peche definitivo.
- · Peche do Servizo do Laboratorio.
- · Servizo de Radioloxía: aparellos obsoletos e unha lista de espera dos centros de saúde ao seu cargo de máis ou menos un mes.
Ante esta situación e a falta de información por parte da Xerencia nestes temas, e máis cos continuos “rumores de peche “ do HGC, ao que se suma, como consecuencia, a insostible situación que están vivindo os traballadores en canto a inestabilidade na ubicación do seu posto de traballo, cómputo de xornada, e a imposibilidade de conciliación tanto familiar como laboral, ademais do inminente proceso de Mobilidade Interna para o persoal DUE, é polo que entendemos que esta situación non pode prolongarse por máis tempo, e SOLICITAMOS e PREGUNTAMOS,
- · Información e transparencia do que vai acontecer coas instalacións do H. Gil Casares.
- · Existe un proxecto de obras para adaptación a algunha especialidade ou servizo?
- · Está previsto a construcción da Facultade de Medicina nas actuáis instalacións do H. Gil Casares? ou algún tipo de convenio coa Universidade de Santiago de Compostela, para a cesión, venta ou utilización destas instalación do actual H. Gil Casares?
Agradecendo de antemán as súas respostas.
Delegados de Cig-Saúde Compostela