Para AGE los datos del paro «esconden una estrategia de empobrecimiento del empleo»

AGE advirte de que os datos do paro agochan unha estratexia de empobrecemento do emprego

miércoles, 02 julio 2014, 14:40, por Alternativa Galega de Esquerdas (AGE)

Alternativa Galega de Esquerda advirte de que os datos do paro agochan unha estratexia de empobrecemento do emprego

  • .“O Goberno está a conseguir o obxectivo da reforma laboral: poñer en nómina a explotación”, denuncia o deputado de AGE Juan Fajardo, que subliña que os parados con prestación por desemprego reciben un 13% menos que hai un ano  

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2014.- Ante os datos do paro rexistrado no mes de xuño publicados hoxe polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia que as cifras veñen confirmar a estratexia de precarización do mercado laboral que impulsa o Goberno. AGE sinala que se segue a incrementar a fenda de xénero, o paro das mulleres descende menos có dos homes; e que por primeira vez na historia do país hai máis traballadores con contratos temporais (50,5%) ca indefinidos.

“Os datos non poden agochar a realidade, estamos ante contratos de miseria, ante o empobrecemento dos que topan un emprego. É un modelo para a contratación de pobres”, explica o deputado de AGE Juan Fajardo, que engade: “Estase a cambiar desemprego por salarios de miseria; emprego a conta de traballadores pobres, precariedade e indignidade laboral. O Goberno está a conseguir o obxectivo da reforma laboral: poñer en nómina a explotación”.

A baixada do paro rexistrado ten causas estacionais no conxunto do Estado, e no caso de Galiza non se repara na emigración e na cantidade de persoas que deixan de rexistrarse despois de perder a prestación. E non só segue a caer a taxa de cobertura senón que respecto a xuño de 2013 as prestacións en Galiza baixaron un 13%. Fajardo insistiu en que AGE esixirá un control estrito sobre os contratos temporais a tempo parcial que ocultan xornadas completas que non se pagan.

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s