A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presidiu hoxe en Foz a entrega de diplomas do programa mixto de formación e emprego ‘Pico do Castro’
Anunciou que os novos catro obradoiros concedidos polo departamento autonómico para a comarca mariñá beneficiarán aos concellos de Foz, Alfoz, Mondoñedo e O Valadouro; Xove, Burela e Cervo; Barreiros, Lourenzá e Trabada; e O Vicedo, Ourol e o municipio de Muras de Terra Chá
Na provincia de Lugo financiaranse 13 obradoiros que contan cun investimento de 2,3 millóns de euros e beneficiarán a 263 desempregados
Mato confirmoulle ao alcalde que a Consellería vén de adxudicar a obra de construción da residencia e centro de día de Foz, que conta cun orzamento de máis de dous millóns de euros
Ver la entrada original 524 palabras más
