Cinco grupos actuarán mañá no Festival Ensaiamos Colleita 2014 da Universidade de Vigo
Sureño Poderoso, Equis, Sleep Alone, Los turbis e Ubin poranse diante do público nun concerto que comeza ás 17.00 horas
Vigo, 28 de abril de 2014.- Mañá martes, 29 de abril, ás 17.00 horas, cinco grupos participantes no programa Ensaiamos subiranse ao escenario do teatro de Cidade Universitaria da Universidade de Vigo. Ensaiamos é un programa que a UVigo promove desde o ano 2006. Nel, ofrécese a grupos -nos que polo menos haxa un membro da comunidade universitaria para os dúos e dous para as bandas a partir de tres membros – un lugar onde ensaiar e parte do equipo de son necesario para facelo. Este ano, grazas á calidade dos grupos que formaron parte do programa, organízase un festival – Ensaiamos Colleita 2014 – composto por un concerto principal que terá lugar mañá e dous microconcertos…
Ver la entrada original 6 palabras más