La CIG denuncia la «desproporcionada» actuación policial en Santiago contra marineros de cerco y preferentistas

«DESPROPORCIONADA» ACTUACIÓN POLICIAL

A CIG esixe a dimisión do delegado

 do Goberno español tras a desproporcionada

actuación policial en Santiago 

A central nacionalista condena

 as agresións a mariñeiros  do cerco,

preferentistas  e representantes políticos

GALIZA/11-03-2014
A Confederación Intersindical Galega (CIG) reclama a dimisión do delegado

do Goberno español en Galiza, Samuel Juárez, 

tras a desproporcionada actuación policial de hoxe diante do Parlamento en Santiago. A central nacionalista rexeita as agesións a mariñeiros do cerco, preferentistas e representantes políticos e institucionais por parte de axentes da Policía española.

A CIG que re trasladar a súa solidariedade coas persoas afectadas

 polas “desproporcionadas cargas policiais” acontecidas durante o día de hoxe nas rúas de Santiago, ao tempo que reclama a dimisión do delegado do Goberno español en Galiza, Samuel Juárez, como responsábel dos feitos.

A central nacionalista denuncia as agresións sofridas por

 mariñeiros do cerco,

 preferentistas e representantes políticos e institucionais a mans do numerosos axentes «antidisturbios» despregados diante do Parlamento galego coincidindo coas protestas convocadas por este colectivos ás portas do edificio.

As cargas policiais deixaron ducias de persoas feridas, até o punto de que algunhas delas foron trasladas a centros médicos da cidade para seren atendidas. A CIG lamenta que a Xunta do PP aposte pola represión como resposta ás «lexítimas reivindicacións» da clase traballadora.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s