
- Entre outubro e febreiro impartiuse no cárcere un curso de colocación de prefabricados lixeiros de 328 horas
- Os asistentes, reclusos dun módulo de preparación para a vida en liberdade, recibiron hoxe os diplomas acreditativos
Santiago, 10 de marzo de 2014.- A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, entregaron hoxe a un grupo de internos do centro penitenciario de Teixeiro os diplomas acreditativos dun curso de formación ocupacional que se desenvolveu entre os meses de outubro e febreiro. Na entrega estivo presente tamén a delegada da Xunta en A Coruña, Belén Do Campo.
Os asistentes ao curso son internos do módulo Nelson Mandela de preparación para a vida en liberdade. A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Plan de Inclusión, desenvolve distintas actividades nese módulo dirixidas a facilitar aos reclusos a súa…
Ver la entrada original 283 palabras más