EN VIGO
Dereitos Civís critica a acutación policial
jueves, 21 noviembre 2013, por Dereitos Civís
Os Comités solidarizámonos co estudantado reprimido en Vigo
miércoles, 20 noviembre 2013, por Campus dos Comités de Compostela
…
Desde os Comités queremos amosar a nosa solidaridade coas/cos estudantes reprimidos hoxe pola mañá na mobilización estudantil celebrada en Vigo, que rematou con seis moz@s detid@s, algunhas/úns menores de idade.
A nosa organización denuncia a represión e o abuso do poder da policía, que intenta calar as protestas das e dos mozos contra a LOMCE, unha lei españolista, represora, segregadora e clasista. Este, porén, non é un caso illado, senón que entra na liña de actuacións que as forzas neoliberais levan a cabo para manter a mocidade calada perante os recortes, que vén de evidenciarse aínda máis coa lei de Seguridade Cidadá que será aprobada polo PP grazas á súa maioría parlamentar.
Así mesmo aproveitamos para informar que se vén de convocar desde a UdC en Loita unha concentración na Coruña de apoio a est@s estudantes e contra a represión. Animamos ao estudantado a participar na mesma que será este xoves, 21 de novembro, ás 20:30 diante da Delegación do Goberno (Praza de Ourense).