A Mesa da Madeira avanza na nova normativa forestal derivada da Lei de montes para mellorar a xestión e protección desta riqueza

Add your thoughts here… (optional)

Avatar de empregoviveiroEmprego Viveiro

 

Este órgano de traballo reuniuse hoxe baixo a presidencia do secretario xeral do Medio Rural e Montes

Santiago, 21 de maio de 2013.- O secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, presidiu esta mañá unha xuntanza da Mesa da Madeira que avanzou no desenvolvemento regulamentario –a través de diversas ordes e decretos– da Lei de montes de Galicia, para consolidar así unha nova normativa forestal de utilidade e interese para o sector, co fin de mellorar a xestión da riqueza dos montes galegos.

Un dos decretos nos que se traballou é o que regula as instrucións xerais de ordenación de montes, de gran importancia cara ao fomento da certificación forestal. Esta norma ten como principal obxectivo desenvolver instrumentos adaptados ás características dos montes na nosa Comunidade, abranguendo todos os aproveitamentos e servizos forestais e centrándose nos puntos importantes da ordenación de montes –deixando atrás farragosos inventarios–, pero sen…

Ver la entrada original 324 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?