Adega pide el cese de los responsables de Conservación por el escándalo de las licencias ilegales de caza

cazalicenciasilegales

LICENCIAS CAZA

ADEGA pide o cese dos responsábeis de Conservación da Natureza polo escándalo das licenzas ilegais de caza

26 de abril de 2013. ADEGA considera gravísimos os feitos postos de manifesto pola investigación da Fiscalía Ambiental, coa masiva concesión de licenzas de caza ilegais no Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña, caso que instrúe o xulgado nº 3 da Coruña. Estas licenzas déronse presuntamente ao marxe da lei, sen que os “beneficiarios” realizaran o preceitivo exame do cazador, e pagando en compensación unha “mordida” aos conseguidores da administración. ADEGA esixe o cese inmediato do xefe do Servizo de Conservación na Coruña Carlos Muñoz Martínez, ao parecer titular tamén dunha destas licenzas, e do Director Xeral de Conservación García-Borregón: Ou non coñecían estes graves feitos acontecidos durante anos baixo o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.

Ao parecer estas prácticas non foron illadas ou ocasionais, senón que a concesión ilegal destas licenzas de caza levaría acontecendo no Servizo de Conservación da Natureza da Xunta en Coruña dende hai anos.

ADEGA vaise persoar no procedemento aberto pola Fiscalía para coñecer, entre outros estremos:

-Que persoas obtiveron fraudulentamente licenzas de caza e pesca no Servizo Provincial de Conservación, particularmente dende que D. Carlos G. Muñoz Martínez ostenta o cargo de Xefe de Servizo. ADEGA xa ten denunciado a responsabilidade deste funcionario e dos seus superiores na “xestión” da Lagoa da Frouxeira; nas instrucións ocultas para o “manexo” de hábitats e especies protexidas; no atentado ecolóxico pola “autopista” do Monte Louro; na aniquilación do lobo na Coruña…etc.

-Quenes son os políticos responsábeis de que permitir por acción ou omisión semellante comportamento corrupto. Era coñecedor o Conselleiro Sr. Hernández destas prácticas? A Dirección Xeral de Conservacion da Natureza nunca detectou que se estaban emitindo licenzas de caza sen pasar o exame do cazador nen pagar as correspondentes taxas?

-Cal é o montante do desfalco para as arcas públicas que supuxo non pagar ducias de licenzas durante anos?

-Cais son as implicacións que tivo, ten e terá para a conservación da fauna protexida e da fauna cinexética o feito de que ducias de cazadores ilegais, que non pasaron o exame do cazador e, portanto, non teñen nin idea de como e que poden cazar?.

Dende ADEGA preguntámonos cantas batidas, agardas, ganchos etc. sobre a fauna salvaxe foron autorizadas e realizadas por cazadores “ilegais” e cal foi o seu impacto sobre as especies salvaxes. Aparte do risco que para a seguridade cidadá implica a tenza de armas por persoas non capacitadas legalmente, para ADEGA os responsábeis da desregulación total da caza en Galiza teñen nomes e apelidos e ostentan as máis elevadas responsabilidades no organigrama da administración ambiental galega.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s