CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN
Santiago de Compostela, a 23 de abril de 2013
Os traballadores e traballadoras de Alimentos Lácteos volverán trasladarse mañá, mércores 24 de abril, até Santiago de Compostela para protestar pola falta de resposta da Xunta de cara a dar unha solución viábel e de garantías para a factoría de Outeiro de Rei.
O persoal vai realizar unha concentración ás portas do Parlamento Galego dende ás 10:30 horas, coincidindo co tratamento dunha interpelación do grupo parlamentar do BNG relativa a Alimentos Lácteos. Posteriormente, por volta das 12:30 horas, os traballadores/as teñen previsto levar a concentración até as oficinas de XesGalicia en San Lázaro, onde o Comité tentará entrevistarse con responsábeis deste organismo.