Encierro de protesta del IES A Carballeira de Ourense por su transformación en centro integrado

Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda apoia o peche no IES A Carballeira de Ourense contra a súa transformación en centro integrado

  • Os deputados Xabier Ron e Ramón Vázquez volven denunciar a falta de planificación da Consellaría de Educación e o ataque da mesma ao ensino público

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) amosa o seu apoio ás nais e pais, profesores e alumnos que mañá e pasado mañá protestarán pechados no Instituto de Ensino Secundario A Carballeira – Marcos Valcárcel, en Ourense. A comunidade educativa, igual que antes sucedeu no IES As Mercedes de Lugo, revólvese contra as intencións da Consellaría de Educación de converter o instituto ourensán nun centro integrado de FP. Os deputados de AGE Ramón Vázquez e Xabier Ron amosan o seu respaldo á medida de presión e volven denunciar a falta de planificación da consellería de Jesús Vázquez e a longa cadea de ataques contra o ensino público do PP de Alberto Núñez Feijóo.

¿Y tú qué opinas de esto?