El BNG demanda investigar la actuación policial en que fue agredido un músico

DENUNCIA AGRESIÓN

O BNG demanda investigar a actuación policial na que foi agredido un músico

sábado, 19 enero 2013, por Bloque Nacionalista Galego en Santiago

Considera grave que teña que deixar de exercer o seu traballo por mor das fracturas ocasionadas pola Policía local, segundo a súa versión do músico, ao que supostamente confundiron con outra persoa

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2013.- O grupo municipal do BNG reclamará que se investigue a actuación da Policía local que tivo como resultado unha agresión ao músico Roi Vázquez Cabanas, tal como recolle o parte de lesións emitido polo Hospital Clínico de Santiago onde se constata fracturas nos dedos das mans.

O BNG demandará, así mesmo, que se actúe para depurar as oportunas responsabilidades, se as houber, e que se abran as dilixencias oportunas derivadas desta actuación policial.

Os feitos aconteceron o pasado 10 de xaneiro, segundo relatou o afectado, logo de que o músico ofrecese un concerto coa banda Narf no pub Modus Vivendi. A Policía local pediulle a identificación na rúa Virxe da Cerca e inmobilizoulle as mans ao fracturarlle tres falanxes nun dedo e unha noutro, segundo a versión do músico, ao que confundiron con outra persoa.

O grupo municipal do BNG considera grave que un profesional da música da talla de Roi Vázquez, que fai parte da Banda das Crechas e acompaña artistas como Uxía ou Budiño, teña que deixar de exercer o seu traballo logo das fracturas producidas, supostamente, por un membro da Policía local de Santiago de Compostela.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s