O día 20 de xaneiro sairemos a rúa unha vez máis porque en Compostela estamos fartxs da corrupción e as actitudes mafiosas do noso concello. A Operación Pokemon, na cal están implicados o alcalde e algúns concelleiros de Compostela, non é máis que outra mostra disto. Máis alá deste proceso xudicial, a realidade é que isto é unha problemática estructural e sistémica do noso modelo político-institucional. Tódolos partidos políticos que pasaron polo goberno desta cidade colaboraron no espolio dos nosos dereitos e na privatización dos nosos recursos para beneficio das súas redes clientelares.
Cremos na necesidade de loitar contra esa cidade gris, sen democracia, represiva e silenciada pola policía, desigual e pechada que nos queren impoñer desde a corporación municipal. É necesario a creación de outro modelo de organización do concello, baseado na autoorganización das persoas e na recuperación dos servizos públicos. Unha cidade democrática e plural onde caiban…
Ver la entrada original 103 palabras más