Denuncia UGT: “Muface recorta el 75% del subsidio para funcionarios que se jubilan”

Recortes ata da miseria  

 

MUFACE RECORTA O 75% DO SUBSIDIO PARA FUNCIONARIOS QUE SE XUBILAN POLA IDADE REGULAMENTARIA OU POR INVALIDEZ.

            Os recortes impulsados polo goberno do PP avanzan sen compaixón e chegan a afectar ata ás miserables axudas establecidas para acceso a vivenda do mutualista, subsidio de xubilación e axudas para o custo do deceso do mutualista.

AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA:

                                         Norma anterior

(orde 29.07.87-BOE   28.08.87)

Norma actual

(orde HAP/2786/2012 de 19   de decembro -BOE 27.12.12)

Ata 1/3 do tipo total do   xuro. Queda anulada. Activarase   cando as posibilidades o permitan.

SUBSIDIO POR XUBILACIÓN:

            MUFACE viña prestando unha axuda para os funcionarios ou funcionarias que remataran o súa vida laboral na función pública na idade regulamentaria ou por invalidez. Ademais ata o 31.08.11 o profesorado do ensino público que se xubilase a partir dos 60 anos tiña un incentivo da Xunta e do Ministerio de Educación que podía chegar ata os 14.000 ou 18.000 €, segundo os corpos correspondentes. Tamén había unha axuda do Fondo de Acción de Galicia que roldaba os 3.000€.

            Todo se perdeu, todo nolo subtraeron. Non merecemos ningún subsidio despois de prestar toda unha vida laboral á función pública.

            Agás a miseria:

Normativa anterior(orde 30.12.88) Normativa actual(orde  HAP/2786/2012)
Resultado de multiplicar por 2 o salario base e os   trienios(con 12 trienios 2.700€ para Mestres e 3.200€ para secundaria) Resultado de multiplicar por 0.5 o salario base e os   trienios(con 12 trienios 687€ para Mestres e 810€ para secundaria)

AXUDA DE SEPELIO E DECESO:

Normativa anterior(BOE 27.01.04) Normativa actual(orde HAP/2786/2012)
Axuda mínima 1.502,53€ Axuda mínima 751,28€

 Así é como dignifican ao servidor público. Son ledicias do Nadal.

Santiago de Compostela, 07 de xaneiro de 2013.

Pública de FETE UGT GALICIA

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s