Los trabajadores de Alfageme acusan a la Xunta de Galicia de engañarlos sobre que la empresa se salvaría

CONFLICTO ALFAGEME

En Vilagarcía de Arousa, a 19 de novembro de 2012

O comité de empresa de BERNARDO ALFAGEME S.A., reúnese despois de ler a nova que se publicou, no día de hoxe, do anuncio de subasta xudicial para o próximo 20 de decembro da marca MIAU e das instalacións de Ribadumia e Vilaxoán.

Ante esta nova as traballadoras e traballadores de ALFAGEME queren facer saber que:

-Os únicos que cumpriron os compromisos adquiridos para conservar os postos de traballo son os propios traballadores, aprazando o cobro  das súas indemnizacións (cantidades moi importantes para os que reciben un salario mensual de setecentos euros). Ata o día de hoxe as e os traballadores non percibiron ningunha cantidade coma indemnización.

-As traballadoras e traballadores de Alfageme asinaron cunha empresa interesada na compra dos activos, concretamente o CONSORCIO, un compromiso para continuar coa actividade e conservar os postos de traballo, polo que falta á verdade quen sosteña que o comprador non mantería os postos de traballo. Tal acordo e compromiso figura no Xulgado e foi esixido pola Administración Concursal. A citada empresa, o CONSORCIO, foi a única que mostrou interese e que se comprometeu a manter os postos de traballo esixidos respectando as mesmas condicións laborais.

Dende o 28 de marzo de 2011 enganóusenos dende a Consellería de Industria, dicindo que xa tiña un acordo de venda coa empresa O CONSORCIO. Ante a tardanza do acordo sempre se nos puxeron desculpas, remitíndonos en cada ocasión á próxima semana. Pero o certo é que sempre aludíase a un informe xurídico, que imposibilitaba a venta, aínda que logo din que ese informe foi <cambiado>.

-A Consellería (IGAPE) inventouse un procedemento cando xa transcorrera máis dun ano dende que anunciou a venda. Procedemento que non cumpriu, senón que realizou e inventou trámites absurdos e sen acomodo legal, tal e como puxo de manifesto o Xulgado na resolución de 5/9/2012, rechazando unha absurda solicitude do IGAPE.

-As traballadoras e os traballadores de ALFAGEME continuaremos loitando para conservar os postos de traballo, sendo os únicos que nos estamos xogando algo. Non so nos xogamos os nosos postos de traballo, senón tamén as indemnizacións que aínda, a día de hoxe, non cobramos polos compromisos adquiridos. Todo elo sen prexuízo das accións que nos correspondan fronte un continuo engano (en todas as reunións o Conselleiro de Industria confirmounos a venda), incumprimentos legais, cambios de informes xurídicos e solicitudes absurdas efectuadas dende o IGAPE e a Consellería de Industria.

O comité de empresa e os representantes das e dos traballadores vanse reunir coa Administración Concursal para esixir que se manteñan os postos de traballo, tal e coma se comprometera dende o inicio do procedemento concursal.

A CIG querelarase contra o conselleiro de Industria por presunta prevaricación no proceso de venta da conserveira Alfageme

—————————–
NOTICIAS GALICIA

Un comentario sobre “Los trabajadores de Alfageme acusan a la Xunta de Galicia de engañarlos sobre que la empresa se salvaría

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s