Beiras sumó dos mil seguidores en Twitter durante la jornada electoral

ELECCIONES GALLEGAS

Beiras sumou 2.000 seguidores en Twitter durante a xornada electoral de onte

O portavoz nacional de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, supera así os 10.000 seguidores. Un só chíot de @xmBEIRAS onte conseguíu 800 retuits: “Que se esqueza Feijoo de que esta vitoria seralle cómoda, Non!!! Temos que paralos e imos paralos!!!”

Beiras pasou, sen dúbida, nesta campaña de icono político a estrela das redes. Durante a xornada electoral aumentaron en máis de 2.000 os seus seguidores e seguidoras en Twitter ata pasar xa dos 10.000. Un só chíot de @xmBEIRAS onte conseguiu case 800 retuits: “Que se esqueza Feijoo de que esta vitoria seralle cómoda. Non!!!!! Temos que paralos e imos paralos!!!”. Como dato comparativo, os chíos dunha suposta estrela mediatico-espectacular como David Bisbal apenas pasan do centenar de retuits.

O propio Xose Manuel Beiras declarou durante a xornada electoral, logo de exercer o seu dereito ao voto, que AGE “inaugura aquí e agora, nese País, unha nova forma de conexión entre unha alternativa electoral e a cidadanía”

Había quen dicía que iso non servía para determinar nada. Mesmo diferentes analíticos políticos e editores de medios en alza consideraban que a campaña nas redes non ten unha influencia decisiva nas eleccións, pero o certo é que onde as redes son poderosas (A Coruña, Compostela, Vigo, Ferrol, Pontevedra, Lugo e Ourense) a esquerda derrotou ao PP. Así, na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP. Na Coruña, onde goberna o Partido Popular con maioría absoluta, as tres forzas de esquerda presentes no Parlamento Galego superaron en 10.000 votos ao PP. A batalla das redes gañouna AGE, mesmo por riba dos sempre activos populares.

O Eixo Atlántico dálle as costas ao PP. A Galicia máis dinámica, xoven e empresarial coloca á coalición liderada por Xose Manuel Beiras e Yolanda Díaz de segunda forza en cidades como A Coruña e Compostela. En Ferrol empatan co PSdG-PSOE tamén no segundo posto. O PP non tería a maioría cos resultados producidos entre Ferrol e Tui.

Imaxes para o recordo

Pero non só os perfís de Xose Manuel Beiras trunfaron na rede. A páxina de Facebook de Anova Irmandade, recentemente creada para estas eleccións, chegou a un alcance directo de 143.000 perfía, un indirecto de case 300.000 e isto con menos de 2.000 seguidores. A estrategia do bota-rebota e o uso de imaxes fotográficas e audiovisuais coidadísimas ata o extremo acadaron unha proactividade insólita na historia das redes e da súa influencia electoral. A todo isto hai que sumar o importantísimo éxito colleitado polo Facebook de Alternativa Galega de Esquerda e polos Twitter tanto de @ANOVA_irmandade como de @AlternativaGZ.

A imaxe de Xose Manuel Beiras tuiteando sentado nun cruceiro en Cambre pouco antes de comezar o mitin forma parte xa da memoria colectiva destes tumultuosos tempos políticos e económicos que vivimos.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s