UGT: «Si no se revalorizan las pensiones cada pensionista gallego perderá de media 17 euros al mes»

UGT GALICIA

Comisión Executiva

Adherida á CSI e á CES

De non revalorizarse as pensións, a perda de poder adquisitivo dos pensionistas galegos pode acadar os 2,4 puntos

Rajoy non pode seguir ocultando que fará coa revalorización das pensións, cun IVE que provoca unha suba elevadísima do IPC

Se ao IPC lle restamos o efecto da suba do IVE e as outras medidas fiscais do Goberno, evidénciase unha situación gravísima nos niveis de consumo

Santiago, 11 de outubro de 2012.- O dato do IPC publicado hoxe polo INE presenta unha realidade bastante complexa e unha situación gravísima nos niveis de consumo, con graves consecuencias sobre a demanda e sobre a economía.

Concretamente, o IPC interanual sitúase en Galicia no 3,3 por cento, cunha suba mensual do 1 por cento. No resto do Estado esta porcentaxe é do 3,4 por cento, tamén cunha suba mensual do 1 por cento.

UGT-Galicia considera que é inequívoca a negativa influencia da suba do IVE e as restantes medidas de política fiscal que está a impoñer o Goberno do PP. Se temos en conta a diferenza do IPC en relación ao índice de Impostos Constantes (IC) (isto consiste en descontar da variación dos prezos a parte que se poida deber ás modificacións nos impostos que gravan o consumo), teríamos unha caída do 0,9 por cento no mes. Que evidencia isto?, unha situación gravísima nos niveis de consumo. A taxa, en termos interanuais, tendo en conta o IC, situaríase no 1,4 por cento, dous puntos por debaixo do índice xeral do IPC. Situar o consumo en niveis tan baixos está a traer graves consecuencias sobre a demanda e sobre a economía.

A modo de exemplo. Se se comparan os datos do IPC e o IPC-IC nos transportes, obsérvase que o IPC sería do 7,2 por cento. Pola contra, o IPC-IC baixaría ata o 4,7 por cento.

Precisamente, son os grupos transportes e vivenda, cunha suba do 7,2 por cento, os que máis inflúen na taxa de inflación, basicamente, polos prezos dos carburantes, electricidade e gas.

UGT-Galicia denuncia que a regresiva política do Goberno, sen ter en conta a capacidade de pago da cidadanía, está a provocar unha forte contracción do poder adquisitivo, da actividade económica e, ademais, prexudicando aos que menos teñen.

Precisamente, nesta liña, sitúase o copago, unha das medidas introducidas polo Goberno que incide na negativa situación actual. Así, a medicina presenta unha variación anual do 10,5 por cento (9,1 por cento en Galicia), como consecuencia do aumento dos prezos de medicamentos e outros produtos farmacéuticos.

SE NON SE REVALORIZAN AS PENSIÓNS CADA PENSIONISTA GALEGO PERDERÍA, A DÍA DE HOXE, DE MEDIA, 17 EUROS AO MES

É evidente que o IPC está en niveis elevadísimos, polo que a revalorizacións das pensións é imprescindible. Pero o problema é que a día de hoxe, o presidente do Goberno, Rajoy, segue a manter un mutismo absoluto neste senso, e a cidadanía e, sobre todo, os pensionistas, seguen sen saber que vai facer coa revalorización. En Galicia, cunha pensión media de 698,63 euros, se non se revalorizan, teríamos unha substancial perda de poder adquisitivo ata os 2,4 puntos, preto de 17 euros ao mes.

E esta perda de poder adquisitvo se trasladará ao conxunto dos traballadores que non vexan revisados os seus salarios, sobre todo, a causa da paralización dos procesos de negociación colectiva e da eliminación das cláusulas de revisión, ou da súa inaplicación por parte de moitos empresarios.

Un panorama complexo para todos e que o Goberno está a agravar aínda máis coa adopción dunha serie de medidas, como a suba do IVE, o copago, outras medidas de política fiscal, que están a mermar moito o poder adquisitivo, sobre todo, dos que menos teñen.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE FORMACIÓN E EMPREGO DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.

DATOS BÁSICOS

Indicador

Galicia

Estado

IPC Xeral: Taxa mensual

1.0

1.0

IPC Xeral: Taxa acumulada

1.6

2.1

IPC Xeral: Taxa anual

3.3

3.4

IPC Transporte

6.2

7.2

IPC Vivenda

8.7

7.2

Medicina

9.1

10.5

Taxa subxacente: IPSEBENE (sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos)

2.0

2.1

IPC a impostos constantes IPC – IC

Indicador

IPC a Impostos constantes

Taxa mensual

-0.9

Taxa interanual

1.4

Taxa mensual subxacente

-1.1

Taxa interanual subxacente

0.1

Evolución Taxa de variación interanual IPC

Setembro /11

Outubro /11

Novembro/11

Decembro/11

Xaneiro/12

Febreiro/12

Marzo/12

Abril/12

Maio/12

Xuño/12

Xullo/12

Agosto/12

Setembro /12

Galicia

3,4

3,2

3,1

2,5

2,2

2,1

2,0

2,0

1,8

1,8

2,0

2,6

3,3

Estado

3,1

3,0

2,9

2,4

2,0

2,0

1,9

2,1

1,9

1,9

2,2

2,7

3,4

Fonte: INE.

¿Y tú qué opinas de esto?