Las trabajadoras de GEDAS de Melide llevan 5 meses sin cobrar

DENUNCIA CIG

As traballadoras exixen cobrar os salarios e receber información real sobre o futuro da empresa

A CIG DENUNCIA QUE AS TRABALLADORAS DE GEDAS DE MELIDE LEVAN 5 MESES SEN COBRAR 

A CIG-FGAMT denuncia a actitude da empresa GEDAS (GESTIÓN Y DESARROLLO DE ÁREAS DE SERVICIO, S.A.) que leva sen pagar 5 meses ás súas empregadas e empregados na estación de servicio que ten no concello de Melide. Recentemente ven de despedir a 5 persoas sen pagarlles nada aínda e sen dar ningún tipo de información de cando se vai poder cobrar as indemnizacións e as cantidades adebedadas tras todos estes meses de retrasos e impagos.

O peche unilateral de parte dos servizos realizouse sen ningún tipo de preaviso afectando a todo o persoal da cafetería, ademais da supresión do turno de noite pasando a ter aberto unicamente de 7h a 23h cando antes abría as 24 horas, o que afectou tamén ao persoal de pista.

Esta empresa conta outros dous centros de traballo en Pontevedra e Salvaterra. Durante os últimos meses o empresario recollía a recadación e a levaba mentres non pagaba os salarios do persoal e mesmo chegou a provocar o desabastecemento de combustíbel en varias ocasións.

As traballadoras despedidas reclaman que se lle paguen as cantidades que se lles deben así como as indemnizacións e o persoal que segue no cadro de persoal exixe cumprida información da situación na que van a desenvolver o seu traballo a partir de agora, xa que a reducción de persoal supón traballar mais horas sen cobrar ningún tipo de salario e anuncian mobilizacións se non se reanuda imediatamente o abono dos salarios e se da cumprida información de como se vai facer frente ás débedas, mais da situación real e de futuro deste centro de traballo.

 Compostela, 20 de Setembro de 2012.

 Confederación Intersindical Galega

¿Y tú qué opinas de esto?