¿FRACASO INTENCIONADO?
O BNG EMPRAZA AO GOBERNO DE FEIJOO A RECONDUCIR A SITUACIÓN DA A ÁREA METROPOLITANA DE VIGO
-
Henrique Viéitiez denuncia a intención do Partido popular de “recentralizar” as compentencias e potenciar as deputacións provinciais
Santiago de Compostela, 24 de agosto, 2012. O deputado do BNG, Henrique Vieítez interpela no Parlamento galego ao Goberno de Feijoo sobre o “fracaso” na constitución da Área Metropolitana de Vigo e denuncia a intención do Partido popular de tentar, co seu proceder, “recentralizar as competencias e potenciar as deputacións provinciais” polo que empraza ao Goberno galego a reconducir esta situación.
Asemade, o nacionalistas acompaña a Interpelación doutras iniciativas ao fin de coñecer as previsións do Goberno galego sobre as medidas a por en marcha para o desenvolvemento da Área metropolitana de Vigo.
O deputado tamén explica que na posta en marcha da Área Metropolitana, mediante a súa asemblea constituínte na que debían tomar parte 52 persoas, titulares das alcaldías ou designadas polas distintas corporacións dos 14 concellos que a conforman para decidir a súa xestión e futuro o resultado evidenciou “ o desprezo do Partido popular por este modelo impedindo que sexa unha realidade”
O parlamentario lamenta a “instrumentalización partidaria” do actual Goberno do Partido popular que impide poñer en marcha a Área Metropolitana de Vigo como modelo para evitar duplicidades e mellorar a coordinación entre as distintas entidades.